Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
27/06/2013 | Reunións
MESA REDONDA
martes 2 de xullo de 2013 ás 19:00 horas nas oficinas da Delegación de Lugo
Cuestións a debate:
O Anteproxecto de Lei de Colexios e Servizos Profesionais en relación coa titulación e formación universitaria dos arquitectos.
Ponencias:
19:00.- A TITULACIÓN E A FORMACIÓN DE ARQUITECTO NO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL.
Cristóbal Crespo González. Profesor do Departamento de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Vocal pola Coruña na Xunta de Goberno do COAG.
19:20.- O ANTEPROXECTO DE LEI DE COLEXIOS E SERVIZOS PROFESIONAIS.
Cristina López Eimil. Arquitecta de visado do COAG.
Mesa redonda:
19:40- 21:00
Cristóbal Crespo González
Cristina López Eimil
Modera
Raúl J. Veiga. Presidente da Delegación de Lugo do COAG
O debate sobre o anteproxecto de lei de colexios e servizos profesionais segue adiante e o pasado venres 26 de abril, o Goberno, na súa reunión de Consello de Ministros considera a súa aprobación no primeiro semestre deste ano. A reforma legal supostamente pretende eliminar obstáculos ó acceso e exercicio de actividade nun numero elevado de actividades profesionais entre as que por suposto se encontra a nosa.
Dende a Delegación de Lugo do COAG considérase necesario que os colexiados teñamos a oportunidade de participar directamente neste debate.
Coa convocatoria a esta mesa redonda, perséguese un dobre obxectivo. Por un lado, achegar información directa a través dos relatores invitados, sobre un tema con tanta transcendencia, abordando a cuestión das colexios e as atribucións profesionais dos arquitectos en relación cos cambios a nivel de Español e Europeo na titulación universitaria de arquitecto.
En segundo lugar, convocando este debate aberto, pretendemos facer chegar os argumentos e as opinións dos arquitectos da nosa delegación, a través da estrutura do Colexio de Arquitectos de Galicia, directamente ata o primeiro nivel do debate no ámbito do Consello Superior de Arquitectos de España.
Agradecemos a vosa presenza e invitámosvos a participar na mesa redonda e a expoñer no debate vosa opinión.
Nestes enlaces podedes acceder a documentación relativa o borrador do anteproxecto de lei
http://nmas1.files.wordpress.com/2013/04/lsp_abril.pdf
Se estades interesados en achegar os poñentes algunha cuestión previa para introducir no debate, ou calquera outra suxestión, podedes enviar un correo á dirección secretario.lugo@coag.es
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.