Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
05/07/2013 | Publicacións Técnicas
A Fundación segue recuperando as publicacións da colección arquia/tese descatalogadas para a súa descarga en pdf.
Xa está dispoñible para os usuarios rexistrados na web da Fundación, a libre descarga e visualización en pdf da publicación arquia/tese nº21
'Arquitecturas excavadas. El proyecto frente a la construcción de espacios' Mario Algarín Comino
Arquitecturas escavadas
A escavación é unha forma de construción diferente que dá lugar a espazos dunha liberdade total. Pensemos en modelar sen inconvenientes o volume que desexamos para unha estacia a partir dunha masa resistente e continua.
Se existe un espazo absoluto, este seguro que parte desta "outra" forma de arquitectura posuidora dun potencial de creación, que o home poucas veces se formulou utilizar. Esta investigación intenta desentrañar cales son as súas características para que nos axuden a iluminar obras coñecidas que nos resultan herméticas ou simplemente nos causan estrañeza, obras cuxa ideación dende a construción tectónica ou aditiva nos parece difícil. Trata dez coñecidas arquitecturas de todos os tempos, dende a ermida de San Baudelio ao museo para a Fundación Solomon R. Guggenheim, cuxo estudo deixa ao descuberto distintas estratexias no proxecto arquitectónico: o achado súbito, a transposición directa, o método progresivo pausado e seguro, a identificación iconológica, a materialización do capricho ou a obsesión, a loita cos requirimentos alleos á idea ou a utilización das últimas tecnoloxías.
Mario Algarín Comino
Nace en Huelva en 1966.
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla, ampla a súa formación no Istituto Universitario dei Architettura dei Venezia.
Desenvolve o seu traballo como profesional libre dende 1992, que compaxina coa docencia primeiro no Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica e máis tarde en Proxectos Arquitectónicos, ambos os dous na Escola de Arquitectura de Sevilla, actividades das que algúns resultados foron recollidos en diversas publicacións e exposicións. Paralelamente, realizou labores de relator, organizador e secretario en cursos nacionais e internacionais da Universidade de Sevilla, a Universidade Internacional de Andalucía e a Universidade Complutense, e participou en intercambios académicos coa Fachhochschule Konstanz e o Departamento de Arquitectura de México D.F. do Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey.
enlace para a descarga:
http://fundacion.arquia.es/es/publicaciones/Colecciones/DescargaPublicacionPDF?id_publicacion=21
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.