Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/07/2013 | Noticias

a pasalera peonil de San Lázaro recibe outro premio

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia fallou os seus premios San Telmo 2013 de enxeñaría civil e un dos accésits foi para a pasarela sobre o Miño da cidade de Lugo.


autor fotografía (loloco)

A pasarela peonil de San Lázaro recibiu un dos tres accésits que concedeu o xurado do premio San Telmo 2013, convocado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, para destacar as mellores obras de enxeñaría civil de Galicia. A gañadora desta edición foi a instalación portuaria Punta Langosteira, da Coruña. Trátase dun dique de 3.400 metros cadrados de lonxitude.

Ao premio San Telmo presentáronse 11 actuacións, finalizadas entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2012. A pasarela peonil lucense recibiu un dos tres accésits. Os outros dous foron para o acceso ferroviario a Vigo en alta velocidade e para as obras da autovía na Coruña, na conexión co aeroporto de Alvedro.

autor fotografía (Juan D. Díaz)

O xurado integrárono unha vintena de profesionais vinculados ao mundo da enxeñaría, con procedencia dos ámbitos instituciona, empresarial ou investigador.

 

de este modo a pasarela sumase a xa galardonada actuación dos "Colectores xerais dol río Miño en Lugo" ganadora do primeiro premio na súa edición de 2009

http://www.ciccpgalicia.es/premio.aspx?id=6

 



fontes:

www.elprogreso.es

www.lavozdegalicia.es

www.ciccpgalicia.es

fotografías tomadas de Panoramio con licencia para distribución sen fins comerciaies nomeando ó seu autor

 

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario