Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/07/2013 | Exposicións

exposición ESTUDIO ABERTO

O vindeiro xoves 11 de xullo ás 20,00 inaugúrase a exposición ESTUDIO ABERTO na sala de exposicións da Deputación de Lugo. O noso compañeiro Senén Olano participa con un debuxo-río de 20 metros de longo e con debuxos propios e de colaboradores.


 

 

O día 11 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos á inauguración da mostra da primeira Residencia Artística de ESTUDIO ABERTO, actividade consistente nun proceso de creación dialogado a través dun obradoiro conxunto e aberto, e que está encadrada no proxecto EnREDarte, organizado pola Rede Museística da Deputación de Lugo. Integran esta exposición, que permanecerá aberta ata o día 28 de xullo, as intervencións de Reme Remedios, Senén Olano, Ruth Montiel, Gema López, Isabel Alonso e Lomarti.

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

(desde o 11 ao 28 de xullo de 2013)

 

Entrada gratuíta

 

Horario

Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.

Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.

Domingos e festivos: 11 a 14 h.

 

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos

Edificio da Deputación Provincial de Lugo

R/ San Marcos s/n

27001 Lugo

 

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org


 

máis información:

http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=28&id=2008

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario