Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/07/2013 | Noticias

LEI 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia

con data 12 de xullo, publicase no DOGA, a lei 8/2013 de estradas de Galicia

tras o seu estudo por parte da nosa arquitecta de visado Cristina López Eimil, transcribrimos o resumo do seu contido e as consideracións acerca dos artigos que poden afectar máis directamente ao noso traballo como arquitectos

 


 

 

RESUMO DE SEU CONTIDO

 

A Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, veu determinar o réxime vixente sobre a materia, derrogando a Lei 6/1983, do 22 de xuño, de limitacións da propiedade nas estradas non estatais de Galicia mediante unha lei que ofrecía novas ferramentas para salvagardar e garantir os

intereses xerais da Comunidade Autónoma.

Esta Lei vai ser derrogada pola Lei 8/2013, ca sua entrada en vigor.

 

 

A lei estrutúrase en cinco títulos, tres disposicións adicionais, tres transitorias, unha derrogatoria e tres derradeiras.

 

O título I, que consta de dez artigos (do 1 ao 10, ambos incluídos), está dedicado a determinar o obxecto e a finalidade da lei, que transcende o clásico ámbito da estrada para referirse ao máis amplo de dominio público viario.

 

O título II consta de trece artigos (do 11 ao 24) e regula a planificación e proxección das estradas e a coordinación co planeamento urbanístico, coa intención de ofrecer mecanismos de traballo áxiles e flexibles e garantir os debidos niveis de seguridade xurídica, coordinación entre administracións, participación cidadá e calidade na posta en servizo das estradas.

 

O título III (artigos 25 a 36) refírese á construción e financiamento das actuacións e á explotación do dominio público viario.

 

No título IV (artigos 37 a 59) disponse o réxime de protección do dominio público viario, para o que se establece o tradicional sistema de limitacións ás propiedades contiguas e de control de usos mediante autorizacións administrativas. Así, no capítulo I (artigos 37 a 42) establécense e delimítanse as zonas de dominio público e de protección (zonas de servidume e afección) da estrada e a liña límite de edificación. No capítulo II (artigos 43 a 46) regúlanse os usos permitidos en cada unha das zonas anteriores. O capítulo III (arti¬gos 47 a 53) dedícase ás autorizacións, e regula tanto as súas condicións xerais (na súa sección 1ª, artigos 47 a 51) coma as específicas nos casos como o dos accesos ou o da publicidade (na sección 2ª, artigos 52 e 53).

 

O título V (artigos 60 a 76) recolle o réxime sancionador.

 

Por último, o texto remata coas disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras. Merecen especial atención as tres disposicións adicionais, que regulan, en¬tre outros aspectos, o réxime de usos permitidos en edificacións, instalacións e peches preexistentes á entrada en vigor desta lei, independentemente da súa situación respecto da estrada.

 

 

 

 

 

Merece especial atención para o traballo dos arquitectos o titulo IV sobre protección do dominio público viario.

 

Establece a delimitación de zonas e, no artigo 38, as Zonas de protección da estrada e liña límite de edificación.

4. Nos treitos urbanos das estradas non se establecen nin zonas de protección da es¬trada nin liña límite de edificación.

 

Nos artigos 39 e 40 establece a Delimitación da zona de servidume e a Delimitación da zona de afección.

No artigo 41 delimita a liña límite de edificación, que quedará determinada, salvo trámites de excepcións, según se indica:

 

1. A liña límite de edificación está situada a ambas as dúas beiras da estrada cun traza¬do que discorre paralelo ás liñas exteriores de delimitación das calzadas a unha distancia, medida horizontal e ortogonalmente a aquelas, de:

 

a) Cincuenta metros no caso de autoestradas, autovías e vías para automóbiles.

b) Quince metros no caso de estradas convencionais e elementos funcionais.

 

No Capitulo II enumera os USOS permitidos según as zonas establecidas.

Habilítase a Xunta de Galicia para o desenvolvemento regulamentario desta Lei.

 

Esta lei entrará en vigor aos TRES MESES da sua publicación no DOG, 12/07/2013.



 

enlace o DOGA:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130712/AnuncioC3B0-080713-0001_gl.pdf

 

 

fotografía: ITINERE

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario