Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
25/07/2013 | Noticias
a Concellería de Economía e Emprendemento está a elaborar unha base de datos de empresas e profesionais, radicados no concello de Lugo con dous obxectivos principais:
axudar á promoción das empresas que o soliciten á través das tecnoloxías da información e as comunicacións e dispor dun catálogo o mais amplio posible de empresas, clasificado por sectores de actividade, que se poida utilizar para facer invitacións aos procedementos de contratación municipal nos que a lexislación vixente o permita.
debido á importancia da necesidade de encontrarse rexistrado nesta base de datos para poder acceder a convites de procedementos de contratación municipal recomendamos a lectura do documento e o rexistro na base de datos se o colexiado o considera oportuno
no apartado de adxuntos podese descargar o documento enviado pola Concellería á delegación de Lugo do COAG
máis información na web do CEI-NODUS
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.