Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

24/09/2013 | Cursos

[RECORDATORIO] MasterTerra 2013-2014 Periodo de matrícula ata o 4 de outubro

O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo, adecuados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinario, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.

O programa está concebido para formar no coñecemiento e nas técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo, así como o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sustentable da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaluación e planificación, a resolución de conflictos de propiedade, nun contexto diverso no sector público, a empresa, as organizacións da sociedade civil e a investigación académica.

 

As metas do máster son:

 

Formar especialistas que, a partir do recurso terra, desenvolvan novos modelos de territorio, e sexan parte dos mesmos

Aproveitar as tecnoloxías da información xeográfica para unha nova xestión territorial, integrando as ciencias naturais, as ciencias sociais e a enxeñería

Incorporar os resultados da investigación ao proceso de aprendizaxe

Promover a hibridación académica, cultural e xeográfica entre disciplinas e persoas

Construir novos territorios

 


 

Aberta admisión para o curso 2013-2014

 

 O prazo de admisión para a cuarta edición do Máster en Xestión Sustentable da Terra y o Territorio está aberto.

 

Matrícula ata o 4 de outubro

22 prazas, das cales 3 a tempo parcial

Prácticas en empresas e institucións públicas

Colaboración con institucións nacionais e internacionais

Acceso a programa de doutoramento

 

 



 

 

máis información:

http://masterterra.usc.es/drupal/es 

 

noticias e actividades relacionadas co MasterTerra

https://www.facebook.com/pages/Masterterra/265183773603180
https://twitter.com/masterterra

 

resumes de traballos realizados durante este ano:

http://terraeterritorio.blogspot.com.es/

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario