Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/09/2013 | Reunións

encontros da COMISIÓN de CULTURA

Retománse os

ENCONTROS da COMISIÓN DE CULTURA do COAG.LUGO

 

Despois da freada nas actividades que supoñen os meses de verán estamos encantado de comunicarvos que se retoman as reunións da Comisión de Cultura da Delegación de Lugo.

 

Resumimos no termo Comisión de Cultura todas as comisións que sobre territorio e arquitectura traballan: Comisión de Cultura, de Plan e Medio.

Nese sentido amplo da nosa preocupación polo territorio estase a barallar unha charla invitando á asociación ADEGA para que nos explique o que se anunciou hai poucos días na prensa e examinar que pode achegar o noso colectivo.

(ver enlace: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/30/galicia/1375210674_564404.html)

 

Unha das actividades que van requirir a nosa inmediata atención é a Organización do Día Mundial da Arquitectura 2013 que este ano terá lugar o luns 7 de outubro co lema de "Cultura-Arquitectura"

 

Ademais deste tema, afondarase no contido e calendario de actividades para o curso 2013-2014 no que xa se empezou a traballar antes do parón estival; considerando actividades/cursos/talleres relacionadas con iluminación, paisaxe e xardinaría, modos de representación audiovisual... Sen esquecer proxectos que explorarán o campo teatral en forma de iniciación teatral e talleres de dirección de arte.

 

Contamos igualmente volver poñer en marcha o proxecto Acertos/Desastres que supuxo no pasado un interesante dialogo entre o colectivo e os cuidadanos.

 

Esperámosvos, mañá xoves 05 de setembro a partir das 20 h 30, no establecemento "A Internacional", lugar de encontro no que decidiremos onde e como seguir a reunión.

Esperámosvos numerosos e cheos de ideas !!

Comentarios

Habrá que pasarse, a ver si cae alguna peatonalización del casco antiguo.

Habrá que pasarse, a ver si cae alguna peatonalización del casco antiguo.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario