Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

06/09/2013 | Concursos

[CONCURSO] de ideas para REMODELACIÓN da PRAZA do CONCELLO de SOBER e do seu entorno

 

INFORMACIÓN


O obxecto definido nas presentes bases, é o de convocar un concurso e a selección da proposta máis idónea, segundo a xuízo do xurado, para a remodelación da "Praza do Concello" de Sober e o seu ámbito, municipio situado ao sur da provincia de Lugo, no corazón da Ribeira Sacra galega.

 

O concurso será a nivel de concurso de ideas en dúas fases con intervención de xurado, a primeira aberta anónima e a segunda por convite 3 equipos ou profesionais seleccionados na primeira fase, -regulado nos artigos 184 a 188 e nos artigos 167.2 e 174.d, do Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (TRLCSP)-, aos cales se aboará a contía de 1.000 € máis o IVE correspondente en concepto de prima de participación pola presentación da súa proposta a nivel de anteproxecto na segunda fase. Entre estas tres propostas seleccionarase a gañadora. Posteriormente o concello de Sober poderá contratar con gañador (nunha única ou en varias fases), logo de negociación dos termos deste, a redacción do proxecto técnico así como a dirección da obra e a coordinación de seguridade e saúde. A devandita contratación posterior está condicionada pola obtención dos fondos económicos necesarios por parte do Concello para poder executar o proxecto.

 

O obxecto do concurso, comprende o espazo público de 12.786 m2 delimitado na documentación gráfica do concurso, que comprende a praza pública que preside o edificio da casa consistorial do Concello. Deberase sectorizar en posibles fases de execución.

 

 O presuposto estimado da actuación é de 1.500.000 € de execución de contrata. Deberase analizar en posibles fases de execución.

 

A pretensión do Concello de Sober é dispoñer coa proposta gañadora dun verdadeiro proxecto director da praza, e que esta se converta no km "0" do municipio, e que dalgunha forma reflicta os moitos valores do municipio e que nela se poidan desenvolver con folgura as feiras e festas que se desenvolven anualmente.

 

Quérese que a proposta sexa innovadora, funcional, e teña certa repercusión positiva na actividade turística e económica do municipio.

 

 

A proposta debe integrar a alameda e o parque infantil existente, así como o acceso ao edificio municipal, podendo propoñer sobre estes espazos melloras para a súa integración no resto da praza.

 

 

Debe intentar reproducir os valores principais do municipio, que son o viño de Amandi, o espazo natural do Canón do Sil, os valores naturais e arquitectónicos da Ribeira Sacra, a olaría de Gundivós, e a banda de música do municipio.

 

páxina do concurso:

http://www.coag.es/categorias/Novedades/2013/concursosober/

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario