Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

12/10/2013 | Cursos

[COMISIÓN DE CULTURA] CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN AO TEATRO| 26/27 outubro

OUTOUNO 2013

ACTIVIDADES COMISIÓN DE CULTURA-COAG.LUGO

 

Como xa víñamos anunciando, este outono, a Comisión de Cultura da Delegación de Lugo do COAG organiza unha serie de formacións intensivas relacionadas cos mundos do teatro e audiovisual.

 

Estas formacións, polos seus contidos e matrículas, teñen por obxectivo ABRIR;

Abrir campos de actividade, profesional ou non; abrirse á creatividade nun ámbito tendenciosamente e obsesivamente técnico, abrirse persoalmente ampliando capacidades, abrir institución á cidadanía tecendo encontros arredor de centros de interese compartidos;

En definitiva, abrir portas, abrir mentes...

 

Estas formacións deben entenderse como un conxunto, un seminario.

¿Cómo concibir en materia de dirección de arte, deseño de produción cinematográfica e escenografía teatral -formación prevista en decembro 2013- sen ter idea de que sente, como se move un actor e a relación do actor co espazo escénico?

 

Próxima actividade organizada pola Comisión de Cultura dá delegación de Lugo do COAG: CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN AO TEATRO


 

CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN AO TEATRO

 

 

26 e 27 DE OUTUBRO 2013

¡¡ CAMBIO DE DATAS!!

 

CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN AO TEATRO

Actividade aberta (Inscrición previa requirida; instrucións para inscrición a continuación)

 

Formación a cargo de Eleazar López, actriz e creadora da compañía Glup Glup Teatro.

 

DURACIÓN da formación: 12h

 

HORARIO:

Sábado 26 de outubro: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h

Domingo 27 de outubro: de 10 a 14 h

 

AFORAMENTO:

- Aforo máximo: 16 persoas

- Aforo mínimo: 12 persoas

 

PREZO único: 35€*

Aboarase a cantidade na entrada, o día mesmo da actividade.

 

Esta formación organízase axustando ao extremo o seu prezo debido á vontade de ofrecer as máis amplas oportunidades de acceso tendo en conta as dificultades económicas de moitos nestes tempos.

Por iso, requírese inscrición previa e pagamento da cota en caso de non asistencia sen previo aviso co prazo dunha semana de antelación. Confiamos en que se comparta a nosa petición de rigor.

 

INSCRICIÓN PREVIA e instrucións de inscrición:

enviar email a comisioncultura.lugo@gmail.com

En "Asunto", mencionar " CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN Ao TEATRO".

No texto, indicar: Nome, apelidos de lo(s) asistente(s), n.º DNI, e domicilio; número de colegiación se procede.

 

FORMACIÓN:

Trátase dun curso esencialmente práctico, dirixido a todas aquelas persoas que sintan curiosidade polo mundo do teatro e queiran achegarse a el de forma lúdica.

A través da expresión corporal e do xogo teatral, aprenderemos a gozar do noso corpo, a liberarnos de tensións e a deixarnos levar pola nosa imaxinación, mellorando as nosas capacidades expresivas, comunicativas e creativas.

 

Contidos:

- A expresión corporal: postura, xesto e movemento

- A voz: intensidade, ton, timbre, pausas

- A acción dramática

- O espazo

- O tempo

- Perda do sentido do ridículo

- Relaxación física e mental

- Creación de personaxes e historias

 

 


 

 Formador:

Eleazar López García empezou a súa traxectoria teatral no grupo de teatro afeccionado Hipócrita de Lugo. Formouse como actriz profesional na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto de Santiago de Compostela entre os anos 2004-08. Completou a súa formación asistindo a varios cursos e talleres de danza, técnica vocal, texto e accións contemporáneas, etc. con destacados profesionais.

Como actriz, e en ocasións como creadora, vén participando, dende o ano 2002, en diversos espectáculos contemporáneos, recentemente creou a súa propia compañía de teatro infantil: GlupGlup Teatro.

 

Como formadora, dende o ano 2010, realiza cursos de expresión corporal e teatro para grupos afeccionados e en escolas de modelos. Ademais, imparte cursos de teatro para nenos e nenas de 5 a 12 anos, a adultos e persoas da terceira idade.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario