Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
15/10/2013 | Emprego
A partir de febreiro do 2014, o alumnado da primeira promoción das novas Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores deberá realizar as prácticas externas en institucións, empresas e/ou estudos de arquitectura.
Para iso necesitarán da colaboración dos colexiados, co fin de que o seu alumnado poida realizar estas prácticas, necesarias para poder obter a súa titulación.
Estes estudos non teñen a denominación de Grado pero son equivalentes por imperativo legal, para todos os efectos, ao grao universitario.
Por iso piden esta colaboración segundo escrito que se nos remite dende a súa dirección, que se achega.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.