Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

09/11/2013 | Noticias

[ACTUALIZACIÓN] Reenvío de apoio á reclamación. Acordo da Xunta Extraordinaria de Delegación de día 22 de outubro e acto de homenaxe. Carta do Presidente

actualización:

Dende o correo do presidente desta Xunta Directiva de Lugo reenviáronse á dirección de HNA todos os apoios que os colexiados enviastes á reclamación que se fai á devandita entidade sobre a supresión do seu servizo personalizado en Lugo, tal como se aprobou na Xunta Extraordinaria do pasado 22 de outubro.

 

Dende aquí queremos agradecer o masivo apoio, a todos e cada un, pois esperamos comprendades que sendo tantos sería abafador facelo persoalmente a cada un.

 

Nota: Se algún se quere sumar a iniciativa, aínda está a tempo a contestar ao correo que o presidente desta delegación vos enviou.

 

 




 

carta do Presidente como resolución do acordo tomado na Xunta Extraordinaria de delegación celebrada o día 22 de outubro e resumo do acto de homenaxe a Coqui


 

O pasado día 22 de outubro realizouse na Delegación a Xunta Extraordinaria cuxa orde do día era a toma de postura e posibles accións ante o cambio de servizo de atención personalizado na oficina de HNA (antiga Irmandade Nacional de Arquitectos) na nosa delegación. Para iso e para poder ter a maior cantidade de información posible, contamos coa asistencia de Xose Lois López Otero (compromisario de HNA e representante da nosa delegación) e de Montserrat Marcos León (ata fai pouco HNA en Lugo).

 

 

O acordo alcanzado fué textualmente:

 "Solicitar vía correo electrónico dos colexiados afectados da delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o apoio a esta Xunta Directiva para reclamar ante HNA a reposición do servizo personalizado nas mesmas condicións anteriores e coa mesma persoa que viña ofrecéndoo"

 

 

por iso, remitiuse a todos os colexiados adscritos a esta Delegación a carta do Presidente reproducida a continuación:


 

Carta do Presidente da Delegación de Lugo

 

Lugo, 29 de outubro de 2013.

 

Estimado compañeiro:

 

En virtude do acordo aprobado por unanimidade na Xunta Extraordinaria de Delegación celebrada o día 22 de outubro, no que se propoñía textualmente:

 

"Solicitar vía correo electrónico dos colexiados afectados da delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o apoio a esta Xunta Directiva para reclamar ante HNA a reposición do servizo personalizado nas mesmas condicións anteriores e coa mesma persoa que viña ofrecéndoo”.

 

e co fin de solicitar apoios dos colexiados para remitilos despois ao consello de administración de HNA, diríxome a tí para que, contestando a este correo indicando o teu nome e número de colexiado, expreses afirmativamente a túa vontade de reclamar, como mutualista de HNA no seu caso, e ante a decisión unilateral por parte desta de suprimir o servizo de atención personalizada que viña ofrecéndonos a compañeira Montserrat Marcos (Coqui), a inmediata reposición deste servizo, nas mesmas circunstancias, lugar e horarios que se viña producindo.

 

Esperando a túa pronta resposta,

 

Atentamente.

 

Raúl J. Veiga Lamelas

Presidente da Xunta Directiva da

Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

COAG.

presidente.lugo@coag.es


 

Tras a celebración da devandita xunta celebrouse unha pequena homenaxe, para agradecerlle a Montserrat Marcos os seus anos de atención e expresarlle o noso recoñecemento, xa que para moitos, tras máis de 23 anos, a cara da antiga Irmandade Nacional de Arquitectos, agora HNA, era Coqui.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario