Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
06/11/2013 | Cursos
OUTONO 2013
ACTIVIDADES COMISIÓN DE CULTURA-COAG.LUGO
Como xa víñamos anunciando, este outono, a Comisión de Cultura da Delegación de Lugo do COAG organiza unha serie de formacións intensivas relacionadas cos mundos do teatro e audiovisual.
Estas formacións, polos seus contidos e matrículas, teñen por obxectivo ABRIR;
Abrir campos de actividade, profesional ou non; abrirse á creatividade nun ámbito tendenciosamente e obsesivamente técnico, abrirse persoalmente ampliando capacidades, abrir institución á cidadanía tecendo encontros arredor de centros de interese compartidos;
En definitiva, abrir portas, abrir mentes...
Estas formacións deben entenderse como un conxunto, un seminario.
¿Cómo concibir en materia de dirección de arte, deseño de produción cinematográfica e escenografía teatral -formación prevista en decembro 2013- sen ter idea de que sente, como se move un actor e a relación do actor co espazo escénico?
Próxima actividade organizada pola Comisión de Cultura dá delegación de Lugo do COAG:
Modos de representación audiovisuais
Curso organizado pola Comisión de Cultura da Delegación de Lugo do COAG
Curso que trata de transmitir a esencia das disciplinas artísticas audiovisuais: coñecer as súas claves conceptuais, os seus códigos de comunicación, as súas correntes principais, tendencias e figuras destacadas.
A través de exemplos, explicacións e debates, mantendo un ambiente aberto de diálogo que nos axude a interiorizar os contidos para poder aplicalos na elaboración dos nosos materiais audiovisuais profesionais e privados.
Programa:
Cine, vídeo e fotografía. Os modos de representación, os códigos visuais, a súa evolución, as correntes e os seus líderes, os mestres.
A representación. Que significa? Como a usamos? O engano da verosimilitude e a verdade.
O sub-texto nas mensaxes visuais. Que nos din sen dicilo?
Intersección vídeo - teatro, a mestura de códigos artísticos.
Intersección arquitectura - fotografía, o espazo recluído en dúas dimensións
Ponente:
Roi Fernández Fernández
Licenciado en Comunicación Audiovisual e titulado en Formación Actoral. Experiencia en talleres de fotografía e curtametraxes, en labores profesionais audiovisuais de realización, montaxe, fotografía, cámara, produción e técnico.
Matrícula:
35 €
o prazo de inscripción abriuse o 05/11/2013 as 15:00.
Horario
22/11/2013 de 18:00 a 21:00
23/11/2013 de 10:00 a 13:00 y de 17:00 a 20:00
Lugar de celebración
Delegación de Lugo
Rúa Puro Cora xornalistas, 1 - 27002, Lugo
Mais información e inscripción
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.