Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
09/11/2013 | Noticias
O alcalde accidental e concelleiro de Urbanismo de Lugo, Luis Álvarez, mantén unha reunión no salón de comisións do consistorio con representantes dos colexios de arquitectos, aparelladores e enxeñeiros industriais para concretar aspectos da tramitación das inspeccións técnicas de edificios e das licenzas de actividade. Un dos obxectivos é conseguir que para as citadas licenzas sexa innecesario a curto prazo o uso de papel nos trámites.
Álvarez está á fronte da alcaldía porque o titular, José López Orozco, atópase en Madrid para expor na FEMP a experiencia do Plan Urban en Lugo e participar na conferencia política do PSOE.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.