Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

06/12/2013 | Reunións

[ACTUALIZACIÓN] grupo de estudo da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA do Concello de Lugo

ACTUALIZACIÓN 6/12/2013

 Tras a primeira reunión de toma de contacto, decidiuse fixar a próxima reunión para o luns día 9 ás 12:00, á que pode asistir todo aquel colexiado interesado.


 

 ACTUALIZACIÓN 5/12/2013

DOCUMENTACIÓN RELACIONADA

ordenanza municipal en vigor  

 ordenanza de a Coruña

ordenanza de Santiago  

ordenanza de Vigo  

ley 37/2003 del ruido   

REAL DECRETO 1513/2005, de 16 de diciembre, por el que se desarrolla la Ley 37/2003 

REAL DECRETO 1367/2007, de 19 de octubre, por el que se desarrolla la Ley 37/2003, de 17 de noviembre, del Ruido, en lo referente a zonificación acústica, objetivos de calidad y emisiones acústicas

Real Decreto 1038/2012, de 6 de julio, por el que se modifica el Real Decreto 1367/2007

Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento General de Policía de Espectáculos Públicos y Actividades Recreativas 



 

 

O vindeiro xoves 5 de decembro, as 13:00 horas, celebrarase na Delegación unha reunión de toma de contacto na que se expoñerá a devandita ordenanza e os aspectos que inicialmente entendemos poden afectar ó traballo do noso colectivo.

 

Ante a nova ordenanza municipal reguladora de contaminación acústica do Concello de Lugo, formúlase dende a Delegación en Lugo do COAG, a creación dun grupo de estudo desta ordenanza.

 

Debido a que esta afecta de forma directa aos traballos dos colexiados realizados dentro do ámbito do Concello de Lugo, animase a todos aqueles interesados que acheguen suxestións ou o seu interese en formar parte do grupo de estudo, a través do correo secretario.lugo@coag.es ou nos comentarios desta noticia.

Aspectos concretos como a obrigatoriedade do cumprimento da ordenanza mesmo en actividades xa existentes (cun período de adaptación), ou aspectos como a perdida de vixencia e caducidade das licenzas existentes; así como o criterio de prioridade no referente á presentación de documentacón á hora de adquirir dereitos para a implantación da actividade afectan de forma directa no desenvolvemento do noso traballo.

 

 

No apartado de adxuntos pódese descargar a ordenanza e o anuncio de da súa publicación no BOP

 

Preténdese actualizar esta noticia a medida que existan novidades, suxestións ou datas para as reunións.

 

01/12/2013

creación da noticia e enlaces de descarga de documentos

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario