logotipo coag lugo

COAG LUGO - Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo


Buscador
COAG LUGO


16/11/2009

O COAG convoca o seu concurso fotográfico de acertos e desastres arquitectónicos

A delegación de Lugo del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca, en colaboración con El Progreso, a cuarta edición do seu concurso Acertos e Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo.
A comisión de cultura da delegación, que é a promotora do certame, quixo nesta ocasión orientalo exclusivamente á fotografía dixital, ante a paulatina desaparición das imaxes en papel. Neste feito, que é a principal novidade do concurso, encádrase a colaboración de El Progreso, a través da web da cal se poderán subir as imaxes participantes O período para participar no concurso está aberto dende este 16 de novembro ata as dúas de tarde do 20 de decembro. O xurado, formado tanto por profesionais da arquitectura como da fotografía, emitirá o seu fallo antes do 11 de xaneiro.

Como nas tres edicións anteriores, o concurso pretende reclamar atención sobre a boa arquitectura nun sentido amplo, tanto popular coma culta, pasada e presente, e divulga-á fin de que sexa
coñecida, valorada e respectada, no que se refire ao apartado dehttp://elprogreso.galiciae.com/comunidad/fotogalerias?galeria_activa=aciertos_arquitectonicos&foto_activa=0" target="_blank"> Acertos. En canto aos Desastres, o concurso "persegue recoñecer ás malas prácticas construtivas e urbanas.
Valorarase a agudeza ao buscar os temas.

Por primeira vez, o certame leva a cabo exclusivamente a través de internet, coa intención de que sexa ou máis alcanzable e participativo posible e tamén de máis doado acceso, segundo
explican fontes da organización. A cobertura técnica proporciónaa a web de El Progreso, onde se subirán as fotos e onde se poderán consultar as bases e ver e votar as imaxes participantes.
Unha animación dá acceso ao concurso dende a portada da web, e as fotos poderán verse nas respectivas fotogalerías.

Nas fotogalerías é onde os lectores poderán votar. O xurado elixirá os gañadores entre as vinte   fotografías que recibiran máis apoio popular ata o 20 de decembro.

O certame establece un límite de cinco fotos por categoría e IP, que haberán de ter unha  resolución de catro megapixeis. Estipúlase unha resolución elevada porque habitualmente o colexio fai unha exposición, tanto coas fotos galardoadas coma con outras de interese. Establécense tres premios por cada categoría, de 500, 300 e 200 euros.
O xurado poderá conceder ata dous accésits en cada modalidade, de cen euros cada un.

BASES

http://elprogreso.galiciae.com/comunidad/fotogalerias?galeria_activa=aciertos_arquitectonicos&foto_activa=0">FOTOGALERÍA ACERTOS

http://elprogreso.galiciae.com/comunidad/fotogalerias?galeria_activa=desastres_arquitectonicos&foto_activa=0" target="_blank">FOTOGALERÍA DESASTRES

ADXUNTOS


Non existen adxuntos asociados


IMAXES


o-coag-convoca-o-seu-concurso-fotografico-de-acertos-e-desastres-arquitectonicos - Arquitectura - COAG - Lugo

VIDEOS


Non existen videos asociados


COAG
Rúa Puro Cora xornalistas, 1
27002, Lugo
Tel: 982 230 011 Fax: 982 245 557