Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/12/2013 | Cursos

[COMISIÓN DE CULTURA] taller de dirección de arte e deseño de producción cinematográfica e escenografía teatral 14/12/2013

Neste taller farase un acercamento o traballo dun Escenógrafo teatral e dun Deseñador de producción/Director de arte cinemátográfico, vendo os proceso de cada un deles dende o inicio ata a materialización final do decorado.

Componse de dúas partes:

 

ESCENOGRAFÍA TEATRAL.

Coñecer a as claves básicas do traballo dun escenógrafo a través dun percorrido polos elementos que forman parte no proceso de deseño e construcción dunha escenografía teatral.

Para isto analizaranse os elementos necesarios para contextualizar este proceso.

 

DIRECCIÓN DE ARTE E DESEÑO DE PRODUCCIÓN

O obxectivo desta parte do taller é enmarcar o traballo dun deseñador de producción e dun director artístico.

Por unha parte veremos unha introducción na que definiremos o traballo do deseñador de producción e do director artístico nun filme e unha contextualización histórica da evolución do deseño de producción o longo da historia do cine.

Por outra parte, a través de exemplos concretos, veremos cómo é todo o proceso de traballo dun director artístico/deseñador de producción dende o inicio (a lectura dun guión), pasando polo proceso de construcción, ambientación, ata que se remata para a grabación do filme.

 

 

Programa

ESCENOGRAFÍA TEATRAL.

• Escenario e os seu elementos . Análise dos elementos dun escenario e a súa influencia no deseño dunha escenografía

• Breve historia da escenografía teatral.O contexto histórico .

• Autores. Autores claves na historia/ Exemplos contemporáneos

• O proceso de traballo: - Deseño

- A materialización

 

DIRECCIÓN DE ARTE E DESEÑO DE PRODUCCIÓN

• Introducción.diferencias entre deseño de producción e dirección de arte/ Contextualización histórica

• Figuras de un equipo de Arte; Deseñador de producción / Director de Arte / Axudante/Ambientador / Rexidor / Attrezzistas de rodaxe / Attrezzistas de avance.

• O proceso: - Documentación

- Desglose de guión

- Deseño de decorados

- Construcción e ambientación de decorados

 



 

Ponentes

María Rodríguez Lolo

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e a Academia di Belle Arti Pietro Vanucci (Italia).Completa a súa formación cun Mestrado en Dirección Artística Cinematográfica realizado na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC).

Dende o ano 2008 traballa no ámbito da dirección artística , como atrezzista en diversas Series de TV, publicidade e cine e como directora de arte en curtametraxes e series Web.

curriculum completo



 

Horario

Fecha 

14/12/2013 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

 

Lugar de celebración

Delegación de Lugo do COAG

Rúa Puro Cora Xornalistas, 1 - 27002, Lugo

 

Matrícula

(Segundo o tipo de asistente: Pago pola plataforma, ou pago en efectivo nas delegacións do COAG.)

Ordinaria 30,00 €

Colexiado 30,00 €

enlace a plataforma

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario