Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

13/12/2013 | Ofertas/Servizos de interés os colexiados

proposta de seguro ADESLAS para a Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos

Como se vos comunicou en carta do presidente, solicitáronse a diversas compañías aseguradoras con oficina ao público en Lugo ofertas alternativas ao seguro de saúde que HNA nos viña oferecendo. A primeira en contestar foi ADESLAS, onde agora presta os seus servizos a nosa compañeira Montserrat Marcos León, Coqui. Achéganse os documentos da súa oferta específica para nós os colexiados en Lugo.

 

Esta compañía comprométese a que sexa a nosa Coqui, subrepticiamente despedida do seu servizo nas nosas oficinas, a nosa asesora directa mesmo presencialmente na nosa delegación chegado o momento e segundo o número de asociados, pero en todo caso durante o período ofertado de cambio.

 

Ademais do exposto nestes documentos, sinálase que a recentemente aberta clínica Santo Domingo de Lugo tamén está en exclusiva para Adeslas dentro do cadro médico en Lugo.

 

Recordade que a partir do 1 de xaneiro do 2014 hai moitas prestacións de HNA que van desaparecer (asistencia a invalidez, dependencia, xeriatría ..), algo que nos transmitiu o compromisario de HNA en Lugo dende a última asemblea de HNA, pero que esta compañía non nos comunicou oficialmente aínda nin reflicte na súa páxina web, da que ademáis desapareceu moita información que antes era accesible.

 

Próximamente anunciaremos un acto informativo de Adeslas con Coqui e a persoa responsable de Adeslas en Lugo

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario