Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/12/2013 | Reunións

[REUNIÓN INFORMATIVA] proposta de seguro de saúde ADESLAS

 

 

A Xunta Directiva da Delegación de Lugo, continuando coa búsqueda de alternativas, tras os acontecimentos por todos coñecidos e polas inminentes modificacións nas coberturas ata o de agora vixentes realizados de forma unilateral por parte da que antes era a nosa "Hermandad"; solicitou a diversas compañías aseguradoras con oficina ao público en Lugo ofertas alternativas ao seguro de saúde que HNA nos viña oferecendo; acordou convocar unha Reunión Informativa de Delegación o vindeiro mércores, 18 de decembro de 2013, coa seguinte 

 

ORDE DO DÍA:

 1. Presentación da proposta de seguro de saúde de ADESLAS para a Delegación de Lugo do COAG.

 

 

A proposta será presentada e explicada por Angeles Vilaboa, xefa de xestión en Lugo, e a nosa compañeira Montserrat Marcos León "Coqui".

 

 

 

O acto terá lugar no Salón de Actos da Delegación as 20:00 horas

 

nota: a información detallada da oferta pódese descargar no seguinte  enlace

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario