Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/12/2013 | Ofertas/Servizos de interés os colexiados

proposta de seguro SANITAS para a Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos

Como se vos comunicou en carta do presidente, solicitáronse a diversas compañías aseguradoras con oficina ao público en Lugo ofertas alternativas ao seguro de saúde que HNA nos viña oferecendo. Achéganse os documentos da oferta de SANITAS específica para nós os colexiados en Lugo.

 

Esta é unha proposta de seguro de asistencia sanitaria completa coa cobertura dental incluída, e coa posibilidade de contratación individual do suplemento de reembolso. 

 

Neste caso, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia - Lugo e Sanitas fixarán un Contrato Marco de Colaboración para determinar todas as condicións para que os colexiados xunto aos seus cónxuxes e fillos respectivos poidan beneficiarse, no que as primas que se ofertan nesta proposta o son coa condición de que o pagador do importe da prima de cada colexiado, xunto cos seus beneficiarios a Sanitas, sexa a través do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia -Lugo, cuxa función será a de mero recadador da prima, sendo o tomador da póliza o propio colexiado con carácter individual, non asumindo o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia -Lugo por causa dela, función de intermediación, nin obriga ou responsabilidade de ningunha clase.

 

É dicir, o asegurado pagaría ao COAG Lugo e este a Sanitas.

 

 

Esta oferta ten dúas opcións en función de se é de 5 A 75 ASEGURADOS, ou éo para máis de 76 ASEGURADOS, como se puiden ver nas páxinas 19 e 20 do documento adxunto.

 

Sanitas resérvase o dereito a estudar aquelas preexistencias graves para ser aceptadas ou non en función da gravidade da lesión ou enfermidade.

 

Esta oferta é válida ata o 15/01/2014 con data de alta 01/01/2014

 

Recordade que a partir do 1 de xaneiro do 2014 hai moitas prestacións de HNA que van desaparecer (asistencia a invalidez, dependencia, xeriatría ..), algo que nos transmitiu o compromisario de HNA en Lugo dende a última asemblea de HNA, pero que esta compañía non nos comunicou oficialmente aínda nin reflicte na súa páxina web, da que ademáis desapareceu moita información que antes era accesible.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario