Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/01/2014 | Celebracións

ACTO DE IRMANDAMENTO LUGO/FERROL

a delegación en Ferrol do COAG organiza o día 7 de xaneiro un acto para celebrar o tradicional irmandamento entre ambas as dúas delegacións

 

A delegación en Ferrol do COAG organiza con motivo do día de Lugo das festas de San Xiao, e aproveitando o tradicional irmandamento entre ambas as dúas cidades, un acto para promover o irmandamento e o compañeirismo das dúas respectivas delegacións do Coag.

 

Este acto en correspondencia coa visita anteriormente realizada polos representantes e interesados da Delegación de Ferrol a Lugo o pasado 11 de outubro, consistirá nunha visita para poder ver as distintas fortificacións que protexían o acceso á ría. Previamente os representantes de ambas as dúas delegacións asistirán ao acto institucional de conmemoración do irmandamento entre as cidades de Ferrol e Lugo que se celebrará no teatro Jofre.

 

 

 

Os colexiados interesados en asistir poden enviar un correo a secretario.lugo@coag.es ou ben poden deixar os seus datos nos comentarios desta noticia.

 

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario