Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

17/01/2014 | Exposicións

[exposición] LÁMINAS DE HISTORIA NATURAL. Santiago Catalán

 

Hoxe venres 17 de xaneiro ás 20 horas, inaugurarase a exposición de LÁMINAS DE HISTORIA NATURAL do noso compañeiro Santiago Catalán na Galería de Arte Clérigos

 

 

"Con máis de vinte exposicións realizadas en Lugo dende 1980, ano dende o que reside na cidade, Santiago Catalán (Madrid, 1954) é un dos artistas máis coñecidos da capital lucense. Non obstante, o vínculo con Lugo é máis profundo. Máis alá da súa faceta de debuxante e pintor, a súa dedicación profesional á arquitectura deixou a súa pegada na armazón urbana da cidade. O traballo realizado entre 1998 e 2001 co grupo Bacabú, xunto coa súa sala de exposicións son xa un símbolo da actividade cultural e artística da cidade amurallada.

 

En Láminas de Historia Natural exterioriza un xiro no seu quefacer artístico. Inspirado nos libros de láminas naturalistas dos séculos XVIII e XIX, proxecta o seu particular enfoque da evolución da historia natural. Ademais, cada obra está acompañada por un título que lle outorga case un carácter literario, como o amañecer das especies, o fondo do ceo ou o orixe carnal das flores."

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario