Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/02/2014 | Noticias

PROXECTO DE DECRETO SOBRE CONTAMINACIÓN ACUSTICA DE GALICIA

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, comunicase a apertura de prazo para formular observacions ou suxerencias o Proxecto de Decreto sobre Contaminación Acústica de Galicia.

 

TÍTULO DA DISPOSICIÓN:

 

Proxecto de decreto sobre contaminación acústica.

 

Órgano administrativo:

 

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

 

Obxecto

 

Desenvolver a lexislación estatal básica en materia de contaminación acústica e, polo tanto, regular as medidas necesarias para previr, vixiar e corrixir a contaminación acústica, para evitar e reducir os danos que desta poden derivarse para a saúde humana, os bens ou o medio ambiente, así como regular as actuacións específicas en materia de ruído e vibracións no ámbito territorial da nosa comunidade autónoma.

 

Estado de tramitación:

 

Trámite de audiencia e petición de informes.

 

Forma de remitir as suxestións:

As suxestións poderán ser formuladas ben vía telemática a través desta páxina web ben mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que poderá presentarse en calesquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

mais información no enlace

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario