Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
20/03/2014 | Charlas técnicas
INDUSTRIAL RECENSE
Empresa da Pontenova (Lugo) con máis de 60 anos de vida, é líder en España en número de solucións de fixación para a construción.
Fachadas, estruturas de formigón e cuberta, son o principal destino destes elementos, destacando nesta última o sistema para a execución da cuberta en seco impulsado por todos os fabricantes de tella.
Hai 12 anos cando apenas existía no mercado español, apostamos polo illamento por reflexión.
Hoxe de novo, adiantándonos aos tempos, presentamos AISREC PANEL, a tabiquería do futuro.
Programa
Breve presentación da empresa e da variedade dos seus produtos para a construción:
• Solucións de fixación para fachadas, estruturas de formigón e cubertas.
• Illamento por reflexión.
• AISREC PANEL Panel de construción de XPS reforzado.
Presentación de AISREC PANEL:
Usos:
• Exterior – Sistema SAte
• Interior - Divisións e obras de albanelería especialmente indicado para zonas húmidas.
Vantaxes:
• Gran flexibilidade no deseño.
• A súa versatilidade permite executar doadamente formas xeométricas que con outros materiais resultaría moito máis complicado.
• 100% impermeable
• Illante térmico.
• Doada e rápida instalación.
• Lixeireza e limpeza na execución.
Calendario e lugar de celebración
Xoves 20 de marzo 2014, dende ás 19:00 ate ás 20:30 no Salón de Actos da Delegación de Lugo do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, rúa Puro Cora Xornalistas, 1 - 27002 Lugo.
ACCESO LIBRE
Para máis información prema aquí
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.