Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

07/04/2014 | Charlas técnicas

[ACTUALIZACIÓN] Charla de Apoio Profesional: Apuntes de Fiscalidad - Exercicio 2014.

Charla de Apoio Profesional: Apuntamentos de Fiscalidade - Exercicio 2014.

Organizada conxuntamente polo COAAT e o COAG.

 

DISPOÑIBLE PARA A SÚA DESCARGA O RELATORIO DA CHARLA (enlace)

 

En 2014 novas leis e regulamentos introduciron unha serie de cambios que esixen a adaptación dos nosos "reflexos" fiscais. Considerando que as autoridades non informaron correctamente ao colectivo de autónomos, ao que moitos colexiados pertencen, consideramos, necesario organizar esta charla DE APOYO PROFESIONAL.

 

A Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores, introduciu a posibilidade de aplicar un novo Réxime Especial do criterio de caixa no IVE.

O prazo para poder optar polo novo réxime remataba inicialmente en decembro 2013, pero foi finalmente ampliado ao primeiro trimestre de 2014, ata o 31 de marzo 2014 incluído pola Disposición adicional única do Real Decreto 1042/2013, do 27 de decembro (BOE do 30 de decembro), facendo efecto no primeiro período de liquidación que se inicie con posterioridade á data en que se exercitase esta.

Abordaranse as implicacións da xeneralización a presentación telemática establecida pola Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos para a presentación de determinadas autoliquidacións e declaracións informativas reducidas a súa presentación á presentación telemática e se establecen importantes sancións aos que non cumpran.

En relación con este tema, tratarase da utilización da firma electrónica non avanzada PIN-24 H e dos colectivos de persoas físicas que van estar obrigadas a presentar as súas declaracións informativas de forma telemática.

Por outra parte, trataranse as implicacións do sistema de pagamentos e débitos SEPA (acrónimo en inglés de zona única de pagamentos en euros) que entrou en vigor o pasado 1 de febreiro de 2014. Este procedemento creouse para que cidadáns, empresas e outros axentes económicos poden efectuar e recibir pagamentos en euros en Europa, dentro e fóra das fronteiras nacionais, nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos e obrigas, independentemente do lugar en que se encontren.

Se embargo, poucos saben que existen varios protocolos que se diferencian polos dereitos e obrigas (prazos de devolución de recibos, por exemplo), sendo estes moi estrictos e de consecuencias ríxidas.

Á súa vez, aclararanse procedementos para a reclamación do céntimo sanitario cobrado ilegalmente ao pagar gasolina ou gasóleo de calefacción.

Esta charla ten por vontade ser pragmática, polo tanto, mostraranse en directo, na medida do posible, os procedementos on-line.

Para finalizar, celebrarase un debate e rolda de preguntas e respostas.

 

Ponentes


 

Juan José Mateo Durán y Pablo Gallego Manzano de la Asesoría Mateo y Sánchez s.l.

Mateo y Sánchez é unha firma de servizos profesionais con máis de trinta anos de experiencia que ofrece Servizos Fiscais, Servizos Xurídicos, Consultoría, Contabilidad & Outsourcing.

Máis información na páxina web: www.mateoysanchez.es.

 

Programa


 

• Aspectos de Novo Réxime Especial do criterio de caixa no IVE: Vantaxes, Inconvenientes e Procedemento.

• Presentación telemática xeneralizada de autoliquidacións e declaracións informativas: Modelos e Procedemento.

• Utilización da firma electrónica non avanzada PIN-24 H: Colectivos de persoas físicas obrigadas e Procedemento.

• Sistema de pagamentos e débitos SEPA: Tipos e Aspectos.

• Reclamación céntimo sanitario: Produtos de aplicación e Procedemento.

• Debate/Rolda de Preguntas.

 

Calendario e lugar de celebración


 

Martes 25 de marzo 2014, dende as 19:00 ata as 20:30 no salón de Actos da Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, rúa Puro Cora Xornalistas, 1 -27002 Lugo.

ACCESO LIBRE - Sen preinscricións - Aforamento máximo 70 persoas.

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario