Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

07/04/2014 | Cursos

Cursos GvSIG y ArcGIS [formación externa]

o COAATIE disponse a celebrar, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, senllos cursos sobre os Sistemas de Información Xeográfica "GvSIG" e "ArcGIS"

 

¿Qué son ArcGis e gvSIG?

Coñecidos como Sistemas de Información Xeográfica (SIX), aglutinan toda unha serie de ferramentas orientadas á elaboración de cartografía e xeración, explotación e xestión de información xeográfica de calquera tipo. Ó contrario que as plataformas CAD, integran nun mesmo proceso xeometrías espaciais e bases de datos alfanuméricas, volvéndose imprescindibles para a captura, edición e análise de datos con representación xeográfica, consulta de bases de datos, ou a elaboración de planos.

ArcGIS, desenrolado pola empresa Esri, é o software SIX de pago actualmente máis demandado e empregado a nivel mundial.

gvSIG, desenrolado na comunidade valenciana, é o software SIX libre e gratuíto máis coñecido e demandado en España e parte de América Latina.

 

¿Cómo son os cursos?

Os cursos son abordables por calqueira persoa, independentemente da sú formación e bagaxe profesional.

Salvo nos cursos avanzados, non precisas ter coñecementos de SIX, nin doutras materias. Os cursos están deseñados para que aqueles que nunca traballaron con información xeoespacial ou sen coñecementos de SIX saquen proveito dos cursos.

Desenvolvemento de exercicios prácticos dende o primeiro día.

Grupos reducidos (máximo 20 plazas).

Diploma de aproveitamento oficial da USC para

todos os cursos (mínimo 80% de asistencia)

Introdución os SIX sobre a versión 10.2 de ArcGIS e 1.12 de gvSIG.

Resolución de dúbidas e orientación de traballos propios do usuario despois do remate do curso.

O persoal docente é membro do Grupo de Investigación GI-1934- TTB/LaboraTe e Técnicos do SIT, expertos en SIX.

O SIT facilita as licenzas de software e os equipos necesarios para todos os alumnos.

 

Temario

Parte I: Introdución.

1. Partes da aplicación. Tipos de documentos e interface gráfica.

2. Tabla de atributos: Realización de temáticos, simbolizado, etiquetado e consultas.

3. Datos: Fontes de datos, tipos e formatos. Sistemas de coordenadas

4. Creación de novas capas, edición de xeometrías

5. Bases de datos, deseño da estrutura e modelo de datos, edición de datos tabulares.

Parte II: Análise

6. Captura de eventos (datos x,y) e procesamento de datos alfanuméricos.

7. Xeoreferenciación de datos

8. Composición de mapa avanzada

9. Xeoprocesamento: Operacións complexas en SIX aplicadas o campo do urbanismo

 

Datas:

GvSIG: 21 abril a 5 de maio

ArcGIS: 7 a 19 de maio

Prazas e Lugar:

Máximo de 20 por quenda

Sede COAATIE en Lugo

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario