Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/05/2014 | Cursos

Curso "CALIFICACION DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES POLO PROCEDEMENTO CE3X" [formación externa]

Continúa aberto o prazo de preinscrición no

 

Curso "CALIFICACION DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES POLO PROCEDEMENTO CE3X"

 

data límite 30 de maio de 2014.

 

 

 

Relator: D. José Manuel Grandío Rodríguez. Arquitecto Técnico

Formato: A través da plataforma de formación on-line do COAATIE de Lugo

 

 

PROGRAMA E CONTIDO


 

 Módulo 1 

Definición construtiva da envolvente térmica do edificio 

Neste módulo estúdase o procedemento de definición da envolvente térmica dos edificios descrito no DB HE1 e apréndese a definir construtivamente a devandita envolvente no programa CE3X

 

Módulo 2 

Definición da envolvente térmica dunha vivenda unifamiliar 

Neste módulo desenvólvese o procedemento de definición xeométrica e construtiva dunha vivenda unifamiliar pegada entre medianeiras e proponse ao alumno como exercicio a mesma definición para unha vivenda unifamiliar illada.

 

Módulo 3 

Definición das instalacións e cualificación enerxética 

Faise aquí un repaso ás instalacións de climatización, ACS e iluminación nos aspectos que inflúen na cualificación enerxética do edificio ou local. Procédese á cualificación enerxética da vivenda unifamiliar pegada vista no módulo 2 e proponse ao alumno a cualificación da vivenda illada vista tamén no módulo 2.

 

Módulo 4 

Cualificación enerxética de edificios existentes: Bloques de vivendas 

Cualifícase enerxeticamente un bloque de vivendas illado e dúas vivendas individuais deste: a máis favorable e a máis desfavorable, facendo unha comparativa dos tres supostos. Proponse ao alumno a cualificación enerxética dun bloque de vivendas entre medianeiras.

 

Módulo 5 

Cualificación enerxética de edificios existentes: Edificios do pequeno e mediano terciario 

Neste módulo realízase a cualificación enerxética dunha escola de música (edificio completo) e da sede do COAAT de Lugo (local dentro dun edificio de vivendas). Proponse ao alumno a cualificación dun centro comercial con oficinas.

 

Módulo 6 

Cualificación enerxética de edificios existentes: Instalacións do gran terciario 

Faise un repaso da conformación de sistemas de climatización en gran terciario e dos seus sistemas auxiliares de movemento de fluídos caloportadores (grandes masas de aire e auga). Estúdanse tamén os sistemas de control de iluminación segundo o DB HE3.

 

Módulo 7 

Cualificación enerxética de edificios existentes: Edificios do gran terciario 

Faise a cualificación enerxética dun edificio de oficinas, dun hotel de 3 estrelas e da sede da delegación do IGVS en Lugo. Proponse ao alumno a cualificación dun centro educativo

 

máis información no tríptico disponible na zona de descarga

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario