Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
29/05/2014 | Reunións
O II Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO é un encontro aberto, gratuíto e para todos os públicos, dirixido tanto a persoas coñecedoras e precursoras da transformación que está a producir Internet nas nosas vidas como a aquelas que o utilizan a un nivel máis básico e aínda non participan neste proceso de forma activa.
Será un espazo onde tentaremos comprender que é o que supón para as nosas vidas o uso da rede, que uso facemos dela e que implicacións ten no mundo que nos rodea.
O evento está promovido pola Deputación de Lugo e terá lugar no Pazo de San Marcos os días 6 e 7 de xuño de 2013. Estará composto por diferentes relatorios e mesas redondas nas que poderemos falar, debater e reflexionar sobre os cambios de hábitos, de mentalidade, de formas de comunicación e estilos de vida, que despois de corenta anos de existencia, produce a Rede en diferentes sectores da nosa sociedade, con especial atención a aqueles sectores estratéxicos na provincia de Lugo.
Para iso, contaremos coa participación de coñecidos personaxes do mundo do xornalismo, a tecnoloxía, o goberno aberto, a mercadotecnia online, a seguridade na rede ou a cultura dixital, entre outros, que analizarán os cambios de hábitos, mentalidade, formas de comunicación e estilos de vida que está a provocar Internet na sociedade dos nosos días.
Como colofón, o encontro acollerá a entrega dos II Premios In Lugo.
PROGRAMA
Vernes, 6 de xunio
16:00 Apertura e recollida de acreditacións
16:30 Benvenida institucional
José Ramón Gómez Besteiro (@jrgomezbesteiro), presidente da Deputación de Lugo
17:00 Conferencia inaugural: “O verdadeiro momento do xornalismo dixital”:
Ramón Lobo (@ramonlobo), escritor, periodista, correspondente de guerra e blogger.
17:45 Mesa redonda “Os virais que nos gobernan” coa participación de coñecidos xornalistas e expertos da rede:
Pepo Jiménez (@kurioso), responsable de @viralizzer
Delia Rodríguez (@delia2d), Huffington Post e autora de Memecracia
18:30 Pausa para o café
19.00 “A moda gastronómica”, coa participación de coñecidos blogueiros e concursantes de Talents Shows como Master Chef:
Efrén Álvarez (@EfrenMasterChef) de Masterchef
Luis Rodríguez (@luisete)
Rosa Ardá (@rosaarda) de Velocidad Cuchara
20:00 Humor 2.0. Actuación musical de Víctor Grande (@vicgrande
Sábado, 7 de xuño
10:40 “Lugo na rede”. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e con ADN lucense:
Elio Laureano, de Didimox
Hugo Iglesias, de Nudoss y Miramar Cruises
Rubén Pérez y Kathryn Phillips, de Don’t be a foreigner
Santiago Martínez, de Ocio en Lugo
Tamara Raposo (@RaposoTamara), xornalista e Community Manager
12:00 “Obradoiro de alfabetización dixital”
Juan García (@blogoff)
13:00 Mesa redonda “Open Government” coa participación de coñecidos profesionais do sector::
Pablo Rivera (@priveracapon)
Carlos Guadián (@carlosguadian)
Cristina Juesas (@maripuchi)
14:30 Descanso
16:30 “O bo, se breve…8 relatorios de 15 minutos”
“O día que a moda chegou a Internet”
Paloma Abad (@palomaabad), El País
“Nostalxia Dixital”
Javier Ikaz e Jorge Diaz, autores do blog e libro: “Yo Fui a EGB”
“Imos comezar a deixar de parecer e comezar a ser”
Clara Ávila (@claraavilaC), consultora Social Media e blogueira.
“A revolución das Google Glass”
Juan Barambones (@remotteglass), CEO de Remotte
18:00 Pausa para o café
18:30 “O bo, se breve…8 relatorios de 15 minutos”
“Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin”
Lucía Sández (@ladybaballa)
“Máis importantes que o FBI”
Carlos Fernández (@policia)
“Así se ve o mundo desde 100 metros de altura”
Air-e Lugo (@AIR_eProduccion)
“Celebrities & Twitter”
Laura Pintos (@credula), Moda & Internet
19:30 Entrega dos Premios #INLUGO
20:00 “Os 10 mellores momentos de Internet en 2014″
Pepo Jiménez @Kurioso
20:30 Foto de familia, despedida e peche
máis información e inscripcions
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.