Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/05/2014 | Publicacións Técnicas

[PUBLICACIÓN] Sabela e as zocas máxicas

Xa a disposición dos colexiados de Lugo na nosa Delegación.

O Proxectoterra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co obxectivo de colaborar na construción do coñecemento que os escolares fan dos espazos que habitamos.

Este conto Sabela e as zocas máxicas forma parte dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra para Educación Infantil. Un xeito de orientar a observación e a vivencia dos seus espazos cotiás no ánimo de facelas o máis diversas, persoais e completas que sexa posible.

 

Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos.

 

Un conto creado por

Lorena Mª Croques, Mª José del Río e Miriam Sedes

 

Ilustracións

Óscar Villán

 

Prezos


 

libro e caixa-maqueta – 10€ para colexiados, dispoñibles nas Delegacións do COAG

libro e caixa-maqueta – 13.90€ en librerías

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario