Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

07/06/2014 | Convocatorias

petición para Publicación de BAREMOS DE HONORARIOS ORIENTATIVOS DE ARQUITECTOS (change.org)

Publicación de BAREMOS DE HONORARIOS ORIENTATIVOS DE ARQUITECTOS

http://www.change.org/es/peticiones/al-cscae-y-a-los-colegios-oficiales-de-arquitectos-de-espa%C3%B1a-publicaci%C3%B3n-de-baremos-de-honorarios-orientativos-de-arquitectos?share_id=FfuOjKyjZO&utm_campaign=twitter_link_action_box&utm_medium=twitter&utm_source=share_petition

Nesta sociedade todo ten un valor que ademais é coñecido. Dende a tarifa do taxi ata a comisión dunha operación bancaria, pasando por unha obra de taller de reparación de coches ou unha visita ao dentista. Todo ten prezo, e non existe impedimento para que estes prezos sexan coñecidos e sirvan de referencia a todos os cidadáns.

 

 

Non obstante, parece ser que o traballo dos Arquitectos non pode ter prezo ou o prezo non pode ser coñecido e difundido. Iso leva ao erro de non o valorar axeitadamente e pensar que por iso se pode pagar por el o que se queira. Os primeiros en facelo son as Administracións Públicas, na práctica habitual de permitir, e contratar, uns honorarios indignos sen limitación á baixos nos concursos públicos de arquitectura.

 

 

As profesións reguladas teñen que ter garantida a formación suficiente e a capacidade profesional, e han de determinar os prezos mínimos que garantan aos cidadáns a calidade na prestación do servizo.

 

 

Os Colexios de Arquitectos teñen a obriga constitucional de ordenar a profesión para o mellor servizo ao cidadán e utilidade social. Hai anos renunciaron á publicación da referencia que significan os Baremos de Honorarios Orientativos. En Alemaña, non obstante, existen publicadas os prezos de referencia dos traballos profesionais en Arquitectura, que serven entre outros ás Administracións para a contratación pública e ao Sistema Xudicial para dirimir conflitos. Resulta imprescindible que isto mesmo se faga en España polo que solicitamos o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España e os Colexios Oficiais de Arquitectos que promovan esta iniciativa coa máxima enerxía e celeridade, publicando para coñecemento da profesión, a sociedade e as Administracións Públicas os Baremos de Honorarios Orientativos.

 

imaxe de portada tomada de hERIZO.com

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario