Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/06/2014 | Delegación de Lugo

[MODIFICACIÓN ESTATUTARIA] CHAMADA Á ASISTENCIA á XUNTA EXTRAORDINARIA do 19 de xuño

Continuando coa campaña de comunicación para resaltar a importancia dos puntos a tratar na Xunta Xeral Extraordinaria de 19 de xuño, é importante recordar os datos de asistencia das xuntas dende 2010.

 

Precisamos incorporar o VOTO TELEMÁTICO co obxectivo de facilitar a participación nos procesos de toma de decisións. Esta simple e importante decisión ten que estar aprobada polo 50%+1 dos arquitectos colexiados, o que supón aproximadamente uns 1400 votos.

 

Todo o colectivo necesitamos a participación e presenza maioritaria na Xunta Xeral Extraordinaria do 19 de xuño en A Coruña, polo que, se non podes asistir presencialmente á Xunta, delega o teu voto nun compañeiro que vaia a asistir ou no Presidente da túa Delegación, xa sexa en papel ou escaneado (pon o teu nome, número de colexiado e asínao). Asumamos un compromiso pola difusión desta convocatoria e xeremos o debate necesario para que as decisións sexan asumidas maioritariamente.

 

Sirvan como exemplo da necesidade de asistencia á Xunta Xeral do 19 de xuño ou a delegación do voto os datos que se achegan a continuación:

 

Dende o 2010 hasta hoxe, a media de votos (a favor/en contra/abstención) nos acordos (uns 35) das Xuntas Xerais foi de 212.20

A Xunta de máxima asistencia dende 2010 foi a do 20 de decembro de 2012 cun máximo de votos de 1035

Se eliminamos as votacións da citada Xunta do cálculo, a media de votos baixa a 162.67

Só houbo dúas Xuntas Xerais dende o 2010 que superaron o número de votos (totais) que pretendemos establecer como participación mínima nos estatutos, con 700 na Xunta Xeral Extraordinaria do 18 de febreiro de 2013 para a financiación do ERE e 1035 na Xunta Xeral Ordinaria coñecida do 20 de decembro de 2012

Soamente nunha Xunta Xeral dende 2010 superouse con voto nun sentido o número que agora como maioría cualificada de 3/5

En canto ás eleccións, só Ourense superou o 50% de participación algunha vez

 

recorda, sen non podedes asistir, delega o voto 

VOTO DELEGADO 

achegao a Delegación ou escaneao e enviao debidamente cuberto a secretario.lugo@colexiodearquitectos.org

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario