Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/06/2014 | Delegación de Lugo

[MODIFICACIÓN ESTATUTARIA] carta de Xose Manuel Rosales Noves

reproducimos a carta de Xose Manuel Rosales, vogal da Xunta de Gobierno, pedindo a asistencia e o voto para a modificación de estatutos:

 

Son Xosé M Rosales, vogal da Xunta de Goberno do COAG.

 

Diríxome a ti para solicitarche a túa implicación e participación nun cambio estatutario esencial para o futuro do COAG. ¡¡¡¡O NOSO COLEXIO NON TEN FUTURO SEN A PRESENZA DA VONTADE TRANSFORMADORA D@S ARQUITECT@S!!!!!, sabedores de que os cambios profundos son resultados das conquistas dos colectivos que ven o presente cunha ollada critica e propositiva e o futuro con ánimo emprendedor.

 

@S XOVES ARQUITECT@S PODEDES e TEDES que ocupar os vosos espazos diante da sociedade, e o colexio pode ser un espazo de referencia para tod@s vosoutr@s se vos implicades na sua transformación. NECESITAMOS A VOSA PRESENZA E PARTICIPACION xa que o futuro que lle vexades á arquitectura e a nosa profesión é o futuro que debe guiar as transformacións do COAG.

 

Como ben sabes, o 19 de xuño celebramos na Coruña unha Xunta Xeral do COAG co obxectivo de conseguir unha modificación puntual dos estatutos do COAG. É MOI IMPORTANTE chegar a sacar adiante esta modificación que pretende incorporar o VOTO TELEMÁTICO para facilitar a participación dos colexiados na toma de acordos e MODIFICAR as MAIORIAS NECESARIAS para acordos de organos de goberno. Este é o primeiro e esencial cambio no camiño de transformación do COAG que é URXENTE emprender.

 

Agora mesmo necesitase a aprobación do 50%+1 dos colexiados con dereito a voto para modificar os estatutos, algo prácticamente imposible e que bloquea de facto calquera reestruturación que sexa necesaria acometer no colexio. Para poder incorporar estas dúas modificacións puntuais dos estatutos temos que conseguir os 1400 votos favorables que fixan na actualidade, algo que nunca aconteceu no COAG nin de lonxe. Esta condición foi aprobada en 1998 polo 4.5% dos colexiados con dereito a voto (ler mais en: http://portal.coag.es/coag/comunicado-votacion-xunta-xeral-extraordinaria-19-de-xuno/)

 

É vital para o Colexio a máxima participación dos colexiados nesta Xunta Xeral, polo que che pido que asistas o Xoves 19 de xuño á Coruña, na Fundación Barrié ás 17:00, con 10 votos delegados se fora posible, e que animes a quen coñezas a que asista e participe de xeito activo neste proceso de cambio. Na Xunta de Goberno consideramos estas modificacións trascendentais para poder axeitar a estrutura colexial á nova realidade do exercicio da profesión, que presenta novos xeitos de ser arquitecto no mundo actual, e coa urxencia que demanda o presente que estamos a vivir. Achego a información relativa a esta xunta e se tes algunha dubida, podemos comentalo. Se non puideras asistir, podes delegar o teu voto en algún compañeir@ que asista ou ben delegalo por correo electrónico cubrindo a mán o impreso que tamén achego neste correo. Se queres que faga de mediador na delegación do teu voto comprométome a entregarllo a un compeñeir@ que defenda estas iniciativas da Xunta de Goberno para o que debes deixar en branco o nome do destinatario, xa que eu xa teño os 10 votos delegados que podo levar á Xunta según os estatutos.

 

Unha moi afectuosa aperta

 

Xose M Rosales

Vogal de Xunta de Goberno do COAG

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario