Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
17/06/2014 | Delegación de Lugo
A Xunta Directiva da Delegación quere agradecer a todos os compañeiros, o seu compromiso masivo de votar a favor da modificación de estatutos da Xunta Xeneral do día 19 na Coruña.
Non obstante, é necesario que aqueles que non enviasedes o voso voto delegado, ou non o achegaseis á delegación ou entregado a aquel compañeiro sobre o que delegueis, o fagades o antes posible. De nada servirá este esforzo se ao final non se acaba concretando na vosa asistencia á Xunta ou na delegación do voto.
Sodes moitos, moitos, os que habedes, ao igual que esta Xunta Directiva, entendido que este paso é absolutamente necesario para poder facer o colexio que queremos. Un Colexio en que todos poidamos tomar parte das decisións de xeito efectivo, e co que poidamos sentirnos identificados ao poder ter a oportunidade de votar dunha forma acorde ás posibilidades e situacións de cada un.
Por iso, fai falla un último esforzo:
preguntas e respostas:
¿como podes delegar o teu voto?
o xeito máis sinxelo é descargar o formulario de voto AQUI; imprimilo, cubrilo cos teus datos, escanealo e envialo a secretario.lugo@coag.es
debido a que existe un número máximo de 10 votos delegados por persoa asistente, o mellor é que non o delegueis en ningunha persoa en concreto para que así todos os votos da Delegación conten
quero asistir pero,
non teño coche/non podo ir pola miña conta
escribe un correo a secretario.lugo@coag.es e poderemos organizarnos para ir dende a Delegación en varios coches
non coñezo a ninguén
escribe un correo a secretario.lugo@coag.es e concretamos dende onde saímos e a que hora para que todo o que queira poida ir con outros compañeiros
Se conseguimos modificar os estatutos, poderemos dicir que (case) TODOS temos participado por primeira vez, e co noso voto teremos conseguido que sexa máis doado poder votar no futuro.
Se non o fixeches xa, actúa e axuda a dar este paso decisivo no futuro do noso colexio
na zona de adxuntos podeis descargar a circular, a carta desta xunta directiva pedindo a asistencia e o voto así como o formulario de voto delegado
Luis Díaz Díaz
Secretario da delegación en Lugo do COAG
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.