Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/06/2014 | Delegación de Lugo

[MODIFICACIÓN ESTATUTARIA] ¡GRAZAS!

Estimados compañeiros,

 

Ante a trascendencia da modificación estatutaria que se formulaba o día 19 de xuño de 2014 na Xunta Xeral, fíxose un esforzo de comunicación que foi contestado cun compromiso e comprensión case HISTÓRICOS por parte de TODOS os colexiados desta delegación de Lugo. Isto é algo que esta Xunta Directiva ten que recoñecer, agradecer e resaltar sobre todo no grao de implicación tan alto que manifestaron nosos colexiados.

 

Habida conta da cantidade de votos e da trascendencia dos acordos, realizarase unha segunda e definitiva conta en próximas datas, mais os RESULTADOS PROVISIONAIS das votacións celebradas o día 19 de xuño de 2014 na Xunta Xeral extraordinaria foron os que xa se comunicaron en recente circular.

 

Aqueles números son o reflexo do acontecido. Un tamén histórico respaldo dos colexiados/as de todo ó COAG ás propostas da Xunta de Goberno. O que se evidenciou con esas cifras é que o proposto dende a Xunta de Goberno TIÑA PLENO SENTIDO NOS DOUS CASOS, e agora máis que nunca comprobamos o caducos que son os nosos estatutos actuais. Ben entendido que TODOS OS VOTOS FORON EMITIDOS CON HONESTIDADE e TODAS AS EXPRESIÓNS LEAIS dos colexiados/as son IGUALMENTE LEXÍTIMAS E VÁLIDAS.

 

Pero o realmente importante é que o respaldo obtido polos compañeiros foi simplemente INCRIBLE. Nunca se pensou que se puidese chegar a conseguir tal cantidade de votos. Traballamos todos moito e ben, e ese esforzo tennos permitido chegar a un respaldo ao que nunca ninguén chegara antes. Por iso haberá un antes e un despois a partir de hoxe.

 

IMPULSO e CONFIANZA foi o perfecto resumo que se fixo da Xunta Xeral pasada, e iso foi de feito o que recibimos dos nosos compañeiros.

 

O noso compromiso está calaramente avalado, mais aló das maiorías necesarias.

 

Por iso podemos dicir xa: GRAZAS e PREPARÁDEVOS PARA O FUTURO

 

En Lugo, a 23 de Xuño do 2014.

 

 

 

Raúl J. Veiga Lamelas, presidente.

Luis Díaz Díaz, secretario.

Celia Fajar Lomba, tesoureira.

 

Xunta Directiva da Delegación en Lugo do COAG.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario