Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

24/09/2014 | Formación

[formación externa] Inmersión na fotografía de arquitectura

Inmersión na fotografía de arquitectura

Un curso de Jesús Granada, Fotógrafo de arquitectura

Aprende a realizar unha reportaxe fotográfica dun espazo

As paredes poden falar. Neste curso aprenderás como se realiza, de principio a fin, unha reportaxe de fotografía de arquitectura. Da man de Jesús Granada e seguindo paso a paso un encargo real nunha singular casa de madeira, aprenderás a analizar e planificar unha estrutura narrativa, coñecerás as ferramentas e a metodoloxía da reportaxe e acabarás sabendo preparar todo o material para o cliente. Ademais, Xesús mostrarache referentes, o seu traballo de estudo e algúns trucos de posproducción infalibles.

¿QUE INCLÚE ESTE CURSO?

 O curso desprega todo o proceso que segue un profesional da fotografía de arquitectura para facer un encargo, incluíndo nocións básicas sobre os termos e técnicas que forxan o soporte teórico de todo o proceso. Unha visión xeral que che permitirá enfrontarte a calquera espazo cunha cámara e che dará máis seguridade para gozar desta rama da fotografía. Seguindo as vídeo leccións do curso aprenderás:

- Bibliografía, influencias e un pouco de historia.

- Fundamentos narrativos do espazo.

- O set: Ferramentas e circunstancias de soleamiento.

- Traballo da estrutura narrativa.

- Algunhas Apps móbiles que poden axudar.

- O traballo de estudo.

- Trucos de posproducción.

UNIDADES

1Conceptos Básicos

2Planificando noso traballo

3Tipos de fotografías

4Producción. Disparando as nosas fotografías.

5Postproducción, revelado e etiquetado

Proxecto final

CAL É O PROXECTO FINAL DO CURSO? 

Planificar e realizar unha reportaxe de 20 fotografías que describan de xeito persoal un espazo elixido polo alumno cunha estrutura narrativa planificada.

máis información e inscrición no seguinte enlace

curso online 

dispoñible a partir do 30 de setembro 

prezo 24,90 €

Coincidindo con próximas actualizacións da web da Delegación, serán necesarias novas fotografías para substituír as actuais. Todos os colexiados da delegación poderán presentar as súas fotografías pero os participantes no curso poderán así mesmo presentar fotografías das utilizadas no seu traballo de curso, froito dos exercicios e titorías.

Jesús Granada PROFESOR

Fotógrafo de arquitectura

Aos 18 anos compaxinei os estudos de arquitectura coa miña afección pola fotografía. En 1999, iniciei a miña actividade profesional na fotografía de arquitectura, coa técnica de banco óptico e sempre por encarga das editoriais e estudos de arquitectura que querían traballar comigo. Dende entón, publiquei en máis de 25 paises, 400 revistas e 70 editoriais e fixen por encarga fotografías para polo menos unha vintena de monografías e libros.

Publiquei en revistas como El Croquis, Casabella, ICON, The Plan, A+U Japan, AMC Moniteur, Gustavo Gili, I+D New york, Bauwelt, AIT, A.Mondadori.... En prensa con El País, New York Times, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Il Corriere... Y contaron co meu traballo empresas como Adiados, iGuzzini, Flos, Porcelanosa, Akaba, Malpesa, Cosentino Shucco, Klein...

Apaixóname a arquitectura, encántame facer fotografías e sigo gozando como o primeiro día da arquitectura, da fotografía e das viaxes. Aspiro a que todo isto se intúa no meu traballo.

página web

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario