Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

30/09/2014 | Delegación de Lugo

Nova web coaglugo.es

Benvidos á nova plataforma online da Delegación. 

A nova web pretende ser moito máis intuitiva, sinxela e accesible, non só para os colexiados, se non para calquera persoa que queira achegarse a coñecer a nosa actividade. 

Redeseñouse pensando en mellorar a experiencia do usuario que a visite. É por iso que, entre outras cousas, podese visualizar en dispositivos como tablets ou móbiles, cada día mais usados para navegar por internet. 

Agora a web pasa a ser máis sinxela, aglutinando os principais contidos en tres categorías principais: Noticias, Axenda e Directorio. 

Centrándonos na información, tamén se habilitou un espazo para poder coñecer o que se publica nas contas da Delegación en Facebook e Twitter, sen necesidade de ser usuario destas redes. 

Por último mantense o espazo de enquisas, xa que dende a Delegación queremos reactivar esta ferramenta e poder así coñecer, entre outras cousas, o interese real dos colexiados en que se organice determinado curso ou evento. 

Lamentablemente, no noso afán de manter a información previa intacta, o formato das imagenes e textos da vella web non son de todo compatibles coa nova, o que produce que certas noticias non se vexan coa calidade que nos gustaría; As novas noticias iranse publicando de acorde ás novas especificacións pero por motivos obvios non se actualizarán os contidos das antigas.

Comentarios

Boa nova que neste tempo nos esforcemos e consigamos mellorar e renovar, nesta ocasión, os nosos medios de comunicación.
Gústame.
E unha boa proba do que o esforzo e traballo que as directivas e as delegacións poden facer, da os seus froitos. E que o Colexio está na senda de facer mellor as cousas.
Sei o difícil que é conseguir facer cousas e mellorar tendo como únicos medios, a vontade, a capacidade e a imaxinación.

Grazas a miña directiva, polo seu traballo, adicación, esforzos e resultados.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario