Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/11/2014 | Delegación de Lugo

Nova proposta de ADESLAS de coberturas e servizos para o COAG

Sen carencias para os Colexiados que soliciten a alta antes do 31 de xaneiro de 2015.

Proposta para ARQUITECTOS COLEXIADOS, e familiares directos: cónxuxes ou parellas de feito e fillos; independentemente de que estean adheridos a HNA, ao RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), Réxime Xeral da Seguridade Social (asalariados, funcionarios), ou calquera outra situación posible (arquitectos que cesaron na actividade temporalmente pola crise ou por outras causas, pero que seguen colexiados). 

A cobertura é Completa. 

Achégase a carta de proposta de coberturas e servizos e un informe completo.
"carta de coberturas e servizos" e "proposta de seguro" no apartado de adxuntos

Resumo de coberturas


Hospitalización 

  • Con e sen intervención cirúrxica 
  • Cuarto individual con cama de acompañante. 
  • Ambulancia 
  • Prótese mamaria tras mastectomía, válvulas cardíacas, marcapasos, próteses internas traumatolóxicas, lentes intraoculares mutifocales, etc. 
  • Hospitalización en UVI 
  • Hospitalización psiquiátrica, limite 50 días por ano

Especialidades 

  • Connosco poderás recibir atención personalizada nun amplo abano de especialidades médicas: 
  • Xinecoloxía 
  • Oftalmoloxía 
  • Dermatoloxía 
  • Traumatoloxía
  • Rehabilitación e Fisioterapia 
  • Cardioloxía 

Medicina Xeral e Pediatría 

  • Connosco poderás recibir atención personalizada nun amplo abano de especialidades médicas: 
  • Medicina Xeral 
  • Pediatría e Puericultura 
  • Enfermaría  

Transplantes 

  • Córnea 
  • Medula osea 
  • Na modalidade de reembolso todos os transplantes dado que tamén poderían realizarse no estranxeiro. En España fose da Sanidade Pública só poden realizarse estes dous.

 Medios de diagnóstico (incluído os de alta tecnoloxía) 

  • Connosco poderás recibir atención personalizada nun amplo abano de especialidades médicas: 
  • Análises clínicas 
  • Todo tipo de estudos radiográficos 
  • PET-TAC 
  • Mamografía 
  • Probas xenéticas cuxo fin sexa o diagnóstico dunha enfermidade 

O parto e todo o relacionado con el 

  • Probas prenatais: analíticas, ecografías, curva de tolerancia oral á glicosa, amniocentse, etc. 
  • Preparación ao parto 
  • Cuarto individual con cama de acompañante. 
  • Anestesia epidural. 
  • Incubadora. 

Asistencia Sanitaria no estranxeiro 

  • Adeslas proporciónalle a máis ampla cobertura sanitaria no estranxeiro se a consecuencia dunha enfermidade ou dun accidente, cuberto pola póliza e sobrevido durante a viaxe, o asegurado necesita asistencia médica, cirúrxica, farmacéutica ou hospitalaria. 
  • Deste xeito o Asegurador farase cargo de: 
  • Os gastos e honorarios médicos e cirúrxicos. 
  • Os gastos farmacéuticos prescritos por un médico. 
  • Os gastos de hospitalización. 
  • A cantidade máxima cuberta por asegurado, polo conxunto dos citados gastos que se produzan no estranxeiro, é de 12.000 euros. 
  • Ademais, a cobertura de Asistencia en viaxe inclúe servizos como: Gastos odontolóxicos de urxencia na viaxe ao estranxeiro, Traslado sanitario ou repatriación médica, Gastos de regreso por alta hospitalaria, etc...

Tratamentos especiais 

  • Connosco poderás recibir atención personalizada nun amplo abano de especialidades médicas: 
  • Psicoterapia (mesmo para trastornos alimentarios) 
  • Quimioterapia 
  • Diálise 
  • Oxigenoterapia ambulatoria e a domicilio 

Cousas que debes saber 

COPAGAMENTOS
Son importes que debes aboar polo acceso a determinados servizos e que permiten equilibrar a cota mensual do teu seguro.

  • Sin copagamentos para os Colegiados, cónxuxes ou parellas de feito e/ou fillos non emancipados. 

LÍMITE POR SESIÓNS
Existen determinados servizos cubertos pola póliza que teñen límite anual na cantidade de sesións: 

  • Podoloxía: máximo 6 sesións ao ano 

Psicoterapia: 

  • Máximo de 20 sesións ao ano en caso de enfermidades psiquiátricas, trastornos de conduta, trastornos da aprendizaxe, etc. 
  • Máximo de 40 sesións ao ano en caso de trastornos da alimentación. 
  • E despois do límite de sesións? En psicoterapia, a partir destes límites existe un acordo a un prezo especial por sesión 

PERÍODOS DE CARENCIA
É o intervalo de tempo, contado a partir da data de efecto do seguro, durante o cal non son efectivas algunhas das coberturas incluídas dentro das garantías da póliza. 

  • Sin carencias para os Colegiados que soliciten a alta antes do 31 de xaneiro de 2015.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario