Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

03/02/2015 | Noticias

CTE. DBs cos últimos comentarios do Ministerio de Fomento

A Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Chan mantén unha política activa de aclaración de dúbidas, interpretacións, etc.; dirixidas a mellorar a aplicabilidade do CTE. A devandita política inclúe a elaboración de documentos con comentarios, documentos de apoio, etc. cuxa relación co CTE é moi directa.

 

Estes documentos, elaborados polo Ministerio, aínda que non sexan obrigatorios, conforman, xunto co texto articulado do Código, o marco regulador aplicable.

 

Hai tempo que o Ministerio xa iniciara este labor de aclaración e interpretación de dúbidas. Neste sentido as recompilacións de consultas relacionadas cos Documentos Básicos SE e SUA, así como a guía de aplicación do Documento Básico HR perseguían este obxectivo. A partir deste momento irán aparecendo de forma paulatina documentos con comentarios e Documentos de Apoio para todos os requisitos.

 

Enlace á web oficial.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario