Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

12/03/2015 | Cursos

CURSO DE INTRODUCIÓN AO ESTÁNDAR PASSIVHAUS

- Contexto xeral
Passivhaus é un estándar enerxético para edificios de enerxía case nula cun alto nivel de confort térmico.
O curso proporciona coñecementos nos seguintes áreas:
Introdución o estándar Passivhaus e estándares de construción sostible
Introdución á ferramenta PHPP (Passive House Planning Package)
Exemplos Passivhaus construídos en España
Cálculos enerxéticos simplificados
Sistemas de climatización eficiente para edificios Passivhaus
Análise económica e cálculo de amortizacións
Control de execución en obras Passivhaus

- Obxectivo do curso

O curso trasmite unha introdución ao estándar Passivhaus: filosofía, funcionamento e retos técnicos. O estándar Passivhaus pode ser considerado o sinónimo de edificios de enerxía case cero.


-Relator

Micheel Wassouf é arquitecto licenciado pola Universidade de Karlsruhe/Alemaña e socio fundador da asociación oficial Española Passivhaus (PEP-Plataforma Edificación Passivhaus).
Ten 20 anos de experiencia como arquitecto en diferentes países Europeos.
Ademais da súa actividade como arquitecto, ten o título de Proxectista Passivhaus Certificado (dende 2008) e é avaliador acreditado da ferramenta de certificación ambiental Española VERDE (dende 2010).
Dende setembro do 2014, está homologado polo Passivhaus Institut para certificar edificios no estándar Passivhaus.
En primavera 2014 publicouse coa editorial Gustavo Gili un libro bilingüe (castelán-portugués) de M. Wassouf sobre edificios pasivos: "O estándar Passivhaus - De la Casa Pasiva ao estándar Passivhaus".

-Datas, lugares de celebración e inscricións nos seguintes enlaces:

- Vigo, martes 24 de marzo, de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:30
Delegación de Vigo do COAG. Doutor Cadaval, nº5

- Ourense, mércores 25 de marzo, de 9:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:30 h
Centro cultural "Marcos Valcárcel". Rúa Progreso, 30

- A Coruña, xoves 26 de marzo, de 9:00 a 13:30 e de 15:00 a 19:30 h
Escola Técnica Superior de Arquitectura. Campus da Zapateira, s/n

- Lugo, venres 27 de marzo, de 13:30 e de 15:00 a 19:30
Delegación de Lugo do COAG. Puro Cora xornalistas, nº1

-Condicións:
A celebración de cada unha das edicións está condicionada a un mínimo de 15 inscricións. En caso de que nalgunha delas non se alcanzase dito mínimo, será cancelada.
O prazo de matrícula finaliza o xoves 12 de marzo.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario