Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/12/2009 | Noticias

Inspección Técnica de Edificos. Convenio COAG Lugo – Concello de Lugo.

Inspección Técnica de Edificos. Convenio COAG Lugo – Concello de Lugo.

 

Infórmase aos colexiados residentes da delegación de Lugo que o programa de asistencia para a redacción de ITEs do concello de Lugo está rematado e pendente de duplicado por parte do organismo autor do software. Agárdase que en 20 días se dispoña dos programas, que serán entregados de maneira gratuita a todos os asistentes ás xornadas de formación celebradas no mes de setembro.

 

Todos aqueles colexiados que non asistisen ao curso e desexen una copia do programa para a redacción de ITEs poderán formalizar a súa solicitude:

  1. Ingresando o coste do programa de -60 euros-na seguinte conta do COAG

– 2100 2335 53 0200110847-La Caixa

  1. No concepto do cargo deberá figurar a referencia do curso e nome do asistente “ex:”programa redación ite - nome apelido”
  2. Enviar un correo a lugo@colexiodearquitectos.org  indicando que se efectuou o ingreso, e no caso de desexar factura, indicar os datos fiscais do comprador.
  3. O prazo límite para a compra do programa queda fixado no día venres 18 de decembro.

 

Antes do inicio da distribución de CDs celebrarase unha sesión de divulgación na que os diseñadores do programa mostrarán o proceso para validar e dar de alta o software. Ese mesmo día farase o sorteo para determinar en que colexiado comeza a quenda de oficio que estará ordeada alfabeticamente e estará á disposición dos colexiados na area restrinxida da web. Xa se están a recoller os datos de contacto dos primeiros encargantes de informes ITE.

 

Xunto co programa entregarase un diploma que acredite a participación no curso de setembro. Este diploma estaba pendente de entregar aos asistentes ao curso para facelo coincidir coa entrega dos programas. O retraso neste trámite, que atinxe tamén ao outro colectivo asinante do convenio (Colexio de Aparelladores), vén provocado polas esixencias do Concello a respecto do formato dos informes para poder axustalos exactamente ao disposto na ordenanza de inspección técnicas de edificios aprobada.

 

Esta delegación tivo coñecemento de que, por parte de determinados funcionarios, existía a pretensión de obrigar ao uso do programa citado na elaboración dos informes das ITES en todos os casos. Para disipar calquera dúbida a este respecto, a Xunta Directiva xa fixo as xestións oportunas ante a Delegada de Urbanismo para evitar calquera acción deste tipo, absolutamente irregular por outra parte e confirmar o conveniado no seu dia co Concello e co Colexio de Aparelladores. Dase conta deste feito a todos os colexiados para que se advirta canto antes á delegación de calquera problema similar e poder iniciar as accións oportunas.

 

A fin de aclarar o procedemento a seguir, a utlización do programa adquirido só é obrigatoria nos casos nos que o informe da ITE se tramite no marco do convenio asinado co Concello e o Colexio de Aparelladores. Os arquitectos que non se acollan ao convenio e fagan os informes da ITE directamente non teñen porque empregalo con carácter obrigatorio.