Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

12/05/2015 | Noticias

12 DE MAIO ELECCIÓNS COAG 2015

Tras un intenso debate seguido en redes e nas diversas delegacións, e cun debate xeral celebrado en Vigo o pasado día 7 con todos os candidatos, onte puidemos elixir os nosos representantes nun clima de corrección democrática e na que todos os colexiados que se achegaron ata as urnas decidiron con coñecemento e madureza.

Dende esta delegación de Lugo queremos agradecer a participación e corrección con que se produciu, a capacidade de argumentación que expuxeron todos os candidatos e a claridade con que os colexiados se expresaron.

O debate electoral, como sabedes, íase celebrar en Lugo, pero algúns candidatos que non entenderon que toda delegación é Colegio opuxéronse. Os mesmos que viron as nosas instalacións onde está depositada a biblioteca colexial como un "escuro soto" onde aquela se "encontra esquecida". Xunto co fondo editorial de Libros Coag, tamén aquí depositado, clasificado e ordenado para a súa distribución por decisión igualmente desta xunta de goberno ao completo, e o esforzo persoal do noso compañeiro Xosé Manuel Rosales, está a disposición para ser visitada por calquera de nosos colexiados.

Grazas a todos polo voso apoio e a seguir traballando por esta institución tan nosa e tan próxima.

A xunta directiva da delegación de Lugo e os seus traballadores.

 

Resultado provisional na circular 22/15

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario