Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/06/2015 | Noticias

Igrexa da Santa Cruz do Incio proposta a BIC

A petición dos populares súmase á realizada o pasado mes de abril pola Real Academia Galega de Belas Artes, a cal reclamou a Xunta de Galicia que o templo sexa incluído no catálogo de bens culturais.

Hai ao redor dun mes, a Real Academia Galega de Belas Artes incluíu a igrexa de Cruz do Incio nunha lista de trece obras de arquitectura moderna de Galicia para as que pediu a declaración de ben de interese cultural (BIC). Un equipo de estudantes súmanse a esta mesma medida cara á Xunta, para o que están a preparar un informe que poida servir como basee para incoar esta declaración. En caso de que se leve a cabo esta iniciativa, este sería o primeiro edificio contemporáneo do sur lucense ao que se lle conceda a categoría de BIC.

Recordamos que é un edificio xa catalogado polo DOCOMOMO e que dende esta delegación de Lugo do Coag xa foi presentado dentro do Día Mundial da Arquitectura no ano 2013.

 

Dende este delegación sumarémonos a esteas iniciativas mediante solicitude á nosa Xunta de Goberno para que se amnifeste formalmente neste sentido.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario