Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

09/06/2015 | Noticias

A profesora lucense Ana Goy ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

Felicitamos dende a nosa delegación a esta profesora, e desexámoslle continúe dende esa Institución co seu excelente traballo en defensa do noso Patrimonio.

Coma profesora e investigadora do departamento de Historia da Arte da USC na facultade de Humanidades do campus de Lugo Ana Goy Diz vén de ingresar como académica correspondente na Real Academia Galega de Belas de Artes da Nosa Señora do Rosario, unha institución con sede na Coruña e presidida na actualidade polo pintor Manuel Quintana Martelo, á que se incorpora con «ilusión e vontade de aprender», dixo. A elección de Goy Diz, doutora en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, tivo lugar no marco dunha sesión ordinaria, durante a que se votou a elección doutros dous académicos correspondentes e doutros numerarios.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario