Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

19/06/2015 | Convocatorias

ANTEPROXECTO DE LEI DE PATRIMONIO CULTURAL. GRUPOS DE TRABALLO.

ANTEPROXECTO DE LEI DE PATRIMONIO CULTURAL

DA CONSELLERÍA CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

GRUPOS DE TRABALLO.

 

O día 20 de maio de 2015, celebrouse unha reunión con responsables da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ca presenza do Conselleiro Román Rodríguez González, o secretario Xeral Técnico Jesús Oitavén Barcala e a Directora Xeral de Patrimonio Cultural María del Carmen Martínez Ínsua, o de Decano do COAG Antonio Maroño Cal e os Vogais de Xunta de Goberno Alfredo Diaz Grande, Xose Manuel Rosales Noves, Elvira Carregado e Cristobal Crespo.

 

Os Representantes da Conselleria expuxeron as ideas estratexicas na que se base este documento, sinalando que nun prazo duns 15 días, colgaran na súa web o texto articulado e abrirase o prazo de alegacións e suxerencias.

 

Solicitaron unha opinión do noso colectivo sobre o documento segundo o pdf adxunto a esta noticia,  nun curto prazo de tempo, polo que dende as delegacións estanse a organizar reunións informativas e constituiranse grupos de traballo cos compañeiros interesados.

 

É por isto que se convoca aos colexiados desta delegación para que ata o día 19 de xuño envíen á conta secretaria.lugo@coag.es as súas suxestións e/ou dispoñibilidade para unha reunión que se celebrará o martes 23 ás 19:30 na nosa delegación e na que se concretará nosa opinión ao tema requirido.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario