Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

31/07/2015 | Noticias

A Real Academia Galega de Belas Artes solicita que Belesar e O Incio sexan bens culturais.

A selección destas obras, construídas entre 1925 e 1965, foi realizada previamente pola fundación Docomomo (Documentación e Conservación da Arquitectura e o Urbanismo Moderno).

As construcións dende as que se controla a presa hidroeléctrica de Belesar están levantáronse ente 1959 e 1963 e foron proxectadas polo enxeñeiro Luciano Yordi Carricarte e o arquitecto Juan Castañón. Segundo a fundación Docomomo, os autores conseguiron «unha peza notable de enxeñaría e arquitectura, tanto no edificio administrativo coma no de válvulas,». Este último -engaden- «apóiase no terreo do fondo do pantano por medio dunha impresionante construción, duns cen metros de altura, de modo que cando o encoro está cheo parece que o edificio flote e fai patente a súa condición de transparencia, lograda pola presenza do vidro e as carpintarías metálicas nunha rigorosa orde compositivo,».

Tradición e industria
A igrexa de Cruz do Incio data de 1960 e foi construída polo arquitecto José Luis Fernández del Amo Moreno, mentres que José Luis Gómez Paredes se ocupou das vidreiras e José Luis Sánchez Fernández do altar, o sagrario e a imaxe da Dolorosa. Este foi un dos catro templos que o devandito arquitecto construíu en Galicia -os demais están en Chantada, Lugo e Baio- e segundo manifestou el mesmo, era o de que se sentía máis orgulloso. Os responsables da fundación valoran especialmente neste edificio «o diálogo establecido entre materiais tradicionais, como os muros de laja de lousa ou os pavimentos de pedra das canteiras próximas, con outros de carácter industrial, como as cerchas e os soportes de aceiro,».

 

La Voz de Galicia, 1.

La Voz de Galicia, 2.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario