Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/09/2015 | Convocatorias

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2015. CONVOCATORIA.


CONVOCATORIA CON MOTIVO DO
DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2015


A Unión Internacional de Arquitectos anunciou como tema para o día mundial da arquitectura, a celebrar o 5 de Outubro de 2015:
ARQUITECTURA, CONSTRUCIÓN, CLIMA

A UIA, xunto con outras organizacións nacionais e rexionais de arquitectura, pon así de relevo o papel determinante da arquitectura, o deseño e o urbanismo na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Con este motivo, a Xunta Directiva da Delegación de Lugo propón a divulgación de propostas arquitectónicas comprometidas coa sustentabilidade e realizadas no noso ámbito territorial, ou en calquera outra localización se foron deseñadas por arquitectos/as colexiados/as na Delegación de Lugo.


Para iso preséntase a seguinte Convocatoria e nos seguintes termos:


I. CONVOCADOS:
Arquitectos/as de calquera nacionalidade que realizasen un exercicio de arquitectura sustentable na provincia de Lugo
Arquitectos/as colexiados/as na delegación de Lugo e que presenten un exercicio de arquitectura sustentable en calquera outra localización xeográfica.
II. TRABALLOS OBXECTO DE CONVOCATORIA
Obras en execución ou que se foron construídas nos últimos 10 anos e comprometidas coa mellora do medio ambiente, mediante unha baixa emisión de CO2 (tanto no seu uso como na súa construción), unha alta eficiencia enerxética, a utilización de enerxías renovables e o deseño baseado na utilización de técnicas bioclimáticas.
Cada arquitecto poderá presentar un máximo de dúas obras da súa autoría.
III. DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Un máximo de dous A3 por obra, en formato pdf e en vertical, con técnicas gráficas libres e contendo no encabezamento do primeiro unha mínima memoria ordenada segundo os seguintes epígrafes:
1. Título. Uso do edificio e autoría do mesmo.
2. Localización. Relación entre a arquitectura proposta, o sistema construtivo elixido, e o lugar no que se sitúa.
3. Eficiencia. Estratexias construtivas utilizadas para alcanzar eficiencia enerxética e baixa emisión de CO2
4. Certificado. Cualificación enerxética coa LETRA correspondente; expresando o consumo anual de enerxía primaria (kWh/m2 ano) e a emisión de CO2 (kg CO2/ m2 ano)
III. FORMA DE ENTREGA
Un único arquivo en pdf, enviado a través de correo electrónico á dirección secretaria.lugo@coag.es , entre os días 15 e 29 de Setembro ata as 12:00 a. m.
O nome do arquivo conterá o número de colexiado, acrónimo do colexio, título do proxecto con 8 díxitos e o concello en que se sitúa, segundo o exemplo:
7549COAG_VIVIUNIF_OROL.pdf
No correo de envío, cada participante nomeará a dous compañeiros colexiados na delegación de Lugo que propoña para formar parte do comité de selección xunto á xunta directiva da mesma.
IV. SELECCIÓN.
O comité así formado seleccionará un máximo de 5 proxectos aos que se lles dará difusión a través da páxina web da delegación de Lugo e outros medios locais. Así mesmo, os autores dos proxectos seleccionados serán convidados a expoñer a súa obra, mediante encontros a programar na nosa delegación de Lugo do COAG.
Dita selección darase a coñecer a través da páxina web do a Delegación de Lugo o día 5 de Outubro de 2015, Día Mundial da Arquitectura 2015 e como achega desta delegación aos contidos e manifestos do devandito evento.
A selección realizarase en base á mellor relación entre a arquitectura proposta, a solución construtiva, o menor custo por m2 estimable, e a maior eficiencia enerxética; a xuízo discrecional do comité de selección.
A xunta directiva resérvase o dereito de anular esta convocatoria se non se alcanza un número mínimo de 5 propostas.
Os participantes, mediante o envío das súas propostas, están a dar o consentimento para a súa publicación na páxina web da Delegación de Lugo, e para unha posible publicación escrita e/ou exposición; sempre poñendo de manifesto a autoría dos traballos.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario