iCOR. Ponencia Mario Bisson: Cor e Espazo Urbano, 28 e 29 Outubro
Esta semana celebraranse os relatorios do Profesor D. Mario Bisson sobre a Cor e Espazo Urbano, dentro do Seminario Internacional iCOR. Está aberto o prazo de matriculación para asistir.
O lugar de celebración é o salón de actos do Centro de empresas e innovación do Concello de Lugo CEI-NODUS,e inclúese no precio das ponencias o servizo de traducción simultánea. A dirección é Avda. da Coruña 490, Lugo.
Para inscribirse será necesario enviar un correo electrónico á dirección: secretario.lugo@colexiodearquitectos.org ou presentar a devandita solicitude na Delegación de Lugo do COAG.
Conferencia de Mónica Alonso.
Como actividade paralela ó Seminario iCOR, Dª. Monica Alonso. Doutora en Belas Artes e Artista plástica o vindeiro xoves 3 de novembro, as 20:00 desenvolverá unha ponencia co título: As Cualidades Psicolóxicas das cores.
Dita actividade é de carácter gratuíto e aberta a tódos os interesados no tema.
Inicio Seminario Internacional Cor e Cidade. iCOR
A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos inaugura o seminario internacional sobre a relación entre a Cor e a Cidade.
• Participan restauradores, historiadores e arquitectos italianos, portugueses e de universidades españolas
• O primeiro dos relatorios foi impartido polo profesor de Belas Artes da Universidade de Vigo, Ignacio Pérez-Jofre
• Este seminario, que se estenderá ata o 5 de novembro, forma parte da iniciativa Cidadeidentidade. iCOR
Ler o resto desta páxina »
Matriculación iCOR_12/10/10
Achégase o listado actualizado a 12 de outubro das solicitudes de participación do iCOR. Inclúese tamén o listado de admitidos no Laboratorio “Ensanche da Ramella” así como certas aclaracións sobre o proceso.
Matriculación iCOR_10/10/2011
Achégase o listado actualizado das solicitudes de participación do iCOR. O listado é cos datos obrantes a luns 10 de outubro de 2011.
En breve colgarase un listado oficial dos admitidos no Laboratorio.
Se recuerda que sigue abierto el plazo para todos aquellos interesados en participar en el iCOR, en sus distintas opciones.
Listado de Preinscritos iCOR
Rematado o prazo de solicitude de preinscripcións adxúntase listado actualizado de solicitantes das actividades do iCOR ás 14:00 horas do luns 3 de outubro de 2011.
Ampliarase o plazo de presentación de solicitudes de participación no iCOR ata o luns 10 de outubro. Deste xeito ata o luns da vindeira semán poderán solicitar a súa inclusión nas actividades do iCOR todos aqueles novos interesados.
Homologación iCOR pola EGAP
Froito das conversacións e acordos mantidos pola Xunta Directiva de Lugo cos responsables da Escola Galega de Administración Pública, conseguiuse a HOMOLOGACIÓN das actividades formativas do iCOR.
Proceso de Matriculación iCOR
CONDICIÓNS DE MATRICULACIÓN DO icor
Matrícula aberta preferentemente a todos os arquitectos colexiados de Galicia, pero tamén a todos os interesados que non teñan dita titulación. Por este motivo existen dous cadros de custos de matriculación propios dos arquitectos colexiados ou dos non colexiados (non é necesaria ningunha titulación).
Tendo en consideración que algunha das ponencias teñen limitado o seu aforo, é que se poida elixir na medida do posibles aquelas que realmente lles interesen, adoptouse o acordo de poñer á disposición dos interesados cinco posibilidades de matriculación para o Seminario e o Workshop.
Laboratorio
Laboratorio formativo práctico experiencial.
O seu fin será a formación de 10 arquitectos, coa carreira terminada nos últimos 5 anos, na elaboración de plans de cor. Coordinados por 4 arquitectos con experiencia na intervención no patrimonio e na xestión de equipos de arquitectos.
Elaborarase un traballo final, que será o establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.
Presentación do iCOR no Concello de Lugo
Sonia Méndez presenta o Seminario iCOR no que os arquitectos poderán traballar sobre a rehabilitación e a cor na cidade.
Crearase un laboratorio que estudará os edificios do ensanche interior que corresoponden coas rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros.