Archivo de septiembre, 2011

Homologación iCOR pola EGAP

Froito das conversacións e acordos mantidos pola Xunta Directiva de Lugo cos responsables da Escola Galega de Administración Pública, conseguiuse a HOMOLOGACIÓN das actividades formativas do iCOR.

Viernes, septiembre 30th, 2011

Proceso de Matriculación iCOR

CONDICIÓNS DE MATRICULACIÓN DO icor

Matrícula aberta preferentemente a todos os arquitectos colexiados de Galicia, pero tamén a todos os interesados que non teñan dita titulación. Por este motivo existen dous cadros de custos de matriculación propios dos arquitectos colexiados ou dos non colexiados (non é necesaria ningunha titulación).

Tendo en consideración que algunha das ponencias teñen limitado o seu aforo, é que se poida elixir na medida do posibles aquelas que realmente lles interesen, adoptouse o acordo de poñer á disposición dos interesados cinco posibilidades de matriculación para o Seminario e o Workshop.

(más…)

Miércoles, septiembre 28th, 2011

Laboratorio

Laboratorio formativo práctico experiencial.

O seu fin será a formación de 10 arquitectos, coa carreira terminada nos últimos 5 anos, na elaboración de plans de cor. Coordinados por 4 arquitectos con experiencia na intervención no patrimonio e na xestión de equipos de arquitectos.

 Elaborarase un traballo final, que será o establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

(más…)

Martes, septiembre 27th, 2011

Presentación do iCOR no Concello de Lugo

Sonia Méndez presenta o Seminario iCOR no que os arquitectos poderán traballar sobre a rehabilitación e a cor na cidade.

Crearase un laboratorio que estudará os edificios do ensanche interior que corresoponden coas rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros.

(más…)

Martes, septiembre 27th, 2011

Módulo 7. Mesa Redonda e Debate

O Seminario rematará cunha Mesa Redonda e de Debate o día 05/11/2011 (18 a 20 horas), na que participarán:

D. José Aguiar Portela Da Costa, Doutor arquitecto. Presidente do Icomos-Portugal. Profesor na Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa.
Dª. Blanca Besteiro. Restauradora.
D. Adolfo de Abel Viela. Doutor en Xeografía e Historia. Escritor.
Dª. Monica Alonso. Doutora en Belas Artes. Artista plástica.
Dª. Carmen Lamela Vieira. Doutora en Socioloxía. Profesora titular UDC.
D. Julio Reboredo Pazos. Licenciado en Historia.  Catedrático de Historia en Educación Secundaria.

Modera: Dª. Ángeles  Castro Dapena. Arquitecta. Comisión de Cultura COAG Lugo

Lunes, septiembre 5th, 2011