icor. Programa

Este proxecto desenvólvese en fases sucesivas:

1ª  Seminario Internacional Cor e Cidade

Workshop internacional Cor e Cidade

Laboratorio “Ensanche da Ramella”

1ª. Seminario Internacional Cor e Cidade

Celebración dun Seminario Internacional co tema da relación entre a cor e a cidade.

Desenvolverase ao longo dun mes en venres e sábados, cunha duración total de 44 horas.

75 prazas.

Os poñentes serán:

Ignacio Pérez-Jofre Santesmases: Doutor en Belas Artes e profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

María Vázquez López: Licenciada en Historia, profesora de Arte da Escola De Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.

Pinturas Todocolor: Empresa de pinturas lucense.

Mario Bisson:   Arquitecto. Responsable científico do Laboratorio da Cor de INDACO do Politécnico de Milán.

José Aguiar Portela da Costa: Arquitecto.  Presidente do Icomos Portugal. Profesor na facultade de Arquitectura da Universidade de Lisboa.

Blanca Besteiro García: Restauradora

O último día terá lugar unha Mesa redonda que sesenvolverá os temas tratados no Seminario.

2º.Workshop internacional Cor e Cidade

Workshop formativo teórico-práctico sobre a aplicación práctica da cor na cidade.

Desenvolverase en 3 días, venres, sábado e domingo cunha duración total de 24 horas.

30 prazas.

Impartido polo Laboratorio da Cor do Politécnico de Milán.

Laboratorio “Ensanche da Ramella”

Laboratorio formativo práctico experiencial.

O seu fin será a formación de 10 arquitectos, coa carreira terminada nos últimos 5 anos e con residencia na cidade de Lugo, na elaboración de plans de cor. Coordinados por 4 arquitectos con experiencia na intervención no patrimonio.

Elaborarase un traballo final, que será o establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

Desenvolverase ao longo de dous meses.

Deixa o teu comentario