Rematado o prazo de solicitude de preinscripcións adxúntase listado actualizado de solicitantes das actividades do iCOR ás 14:00 horas do luns 3 de outubro de 2011.
Ampliarase o plazo de presentación de solicitudes de participación no iCOR ata o luns 10 de outubro. Deste xeito ata o luns da vindeira semán poderán solicitar a súa inclusión nas actividades do iCOR todos aqueles novos interesados.
Os solicitantes, poderán a partires de maña 4 de outubro proceder ó ingreso da cantidade correspondente á matrícula establecida e a elección de cada un.
O número de conta no que se deberá efectuar o ingreso ou transferencia é o seguinte: La Caixa 2100-2183-51-0200243461.
Deberá obrigatoriamente indicarse específicamente no obxecto da orde: iCOR- COAG LUGO, xunto co tipo de matrícula elixido.
Unha vez realizado o ingreso, deberá remitirse á Delegación do COAG de Lugo, a seguinte documentación:
- Documento acreditativo do ingreso ou transferencia,
- No caso de aqueles que soliciten a súa inclusión no Laboratorio, deberá remitirse copia da titulación de arquitecto que acredite a súa antigüidade que non deberá superar a exixida,
Aqueles que resulten elixidos para a súa inclusión no Laboratorio, serán subvencionados no custe do Seminario. Deste xeito, procederán ó ingreso do workshop no caso de ter a intención de asistir.
O custe do Seminario poderá esperar ata que a mediados da semana que ven se aprobe o listado definitivo de aceptados para o Seminario.
No tocante os solicitantes do Laboratorio, amplíase a antigüidade da titulación máxima permitida ata os 10 anos.